HomeTerra de LemosA Pobra do BrollónAdxudicada unha obra de mellora para a LU-P-4702 na Pobra do Brollón

Adxudicada unha obra de mellora para a LU-P-4702 na Pobra do Brollón

Foi unha das que se aprobou en Xunta de Goberno da Deputación de Lugo o pasado venres 9 de maio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo avanzou este pasado venres na contratación de diferentes traballos de mellora e acondicionamento da rede viaria provincial cun investimento propio de preto de 6 M€.

No que respecta á zona Sur de Lugo na Pobra do Brollón adxudicouse a obra de mellora dos últimos oito quilómetros da LU-P-4702 á empresa Fevisa Vías y Obras SL nun prezo de 435.600€. Trátase da vía que une os lugares de Vilachá e A Estación por Rozavales.

Os traballos, que se realizarán do punto quilométrico 2,5 ao 10,8, terán un prazo de execución de mes e medio; consistirán na mellora da drenaxe, a pavimentación con aglomerado en quente e sinalización; e servirán para mellorar as comunicacións da veciñanza de Vilachá de Salvadur, A Eirexa e Salgueiros.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...