HomeTerra de LemossanidadePositivos en ascenso en Sarria

Positivos en ascenso en Sarria

A páxina que ofrece datos do Coronavirus en Galicia informa hoxe de que a localidade alcanza os 122 casos positivos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta escalada que están sufrindo a maioría de concellos da zona sur de Lugo, o Concello de Sarria aparecía este sábado con 122 casos positivos, e informaba o venres 22 de xaneiro que efectuadas probas PCR a traballadores e residentes da Residencia de Anciáns A nosa Señora do Carmen atopáronse que 47 dos anciáns deron positivo.

Por fortuna 45 deles son asintomáticos, así que en principio continúase co plan de vacinación e a segunda dose será posta en plazo”, concretaban de forma oficial dende o concello engadindo tamén que “tomáronse as medidas oportunas para garantir a seguridade de todos e todas, acordadas polos Servizos Sociais e Sanidade e o Concelleiro encargado, Benjamín Escontrela”.

No final da nota informativa tamén se lles trasladaba unha mensaxe de agradecemento a todas as traballadoras e traballadores do centro asistencial.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...