HomesociedadeCribado de Covid no Concello do Saviñao

Cribado de Covid no Concello do Saviñao

Será realizado a persoal de atención ao público entre este domingo 28 e o luns 29 de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello do Saviñao comunicou á veciñanza a decisión de realizar un cribado de Covid mediante PCR entre os días 29 e 30 de marzo pola tarde na Praza de España, na coñecida ‘carpa de Escairón’ da capitalidade.

Está dirixido especialmente a persoal de hostalería, comercio, sector servizos, persoal municipal e a todos aqueles que traballan a diario en contacto co público.

As persoas interesadas en someterse a dito cribado xa se puxeron en contacto os días indicados e recibiron mensaxe do SERGAS para coñecer día e hora de realización da proba no lugar devandito.

O Saviñao chega esta Semana Santa cun nivel alto de restriccións tras a decisión emitida este pasado venres polo Comité Clínico que asesora á Xunta para aplicación das medidas para previr contaxios por Covid-19.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...