HomeTerra de LemossanidadeXornadas arredor da investigación do cancro de recto en Monforte

Xornadas arredor da investigación do cancro de recto en Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurou o venres 14 de outubro no Parador de Turismo de Monforte a Reunión de Consenso do Grupo Galego de Coloproctoloxía da Sociedade de Cirurxía de Galicia (SOCIGA). O encontro de investigadores remata hoxe sábado 15 de outubro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta importante reunión de médicos e investigadores está abordando, a través de diferentes conferencias e mesas redondas, distintos aspectos sobre a cirurxía do cancro de recto, definición e medición de tumores ou tratamento de pacientes, entre outros temas.

Na inauguración das xornadas, o rexedor monfortino estivo acompañado polo Presidente da Sociedade de Ciruxía de Galicia, José Conde Vales, o Coordinador da Reunión de Consenso “Cancro de recto”, José Enrique Casal Núñez, e o Coordinador do Grupo Galego de Coloproctoloxía, Alberto Parajó Calvo.

O Alcalde deu a benvida aos 30 poñentes e asistentes, provintes de diversas cidades de Galicia, e entre os que se atopan xefes de servizo de cirurxía xeral dos 7 hospitais galegos, manifestando o seu apoio a este tipo de encontro pois “dende o Equipo de Goberno deste Concello mantemos un compromiso e unha aposta firmes pola Sanidade Pública, porque cremos que, os servizos públicos básicos, como é a Sanidade, son a garantía dos dereitos das persoas”.

O rexedor municipal aproveitou a súa intervención tamén para animar aos asistentes a disfrutar de Monforte e da Ribeira Sacra e descubrir a súa riqueza cultural, patrimonial, paisaxística e gastronómica.

Para rematar, José Tomé recoñecía o labor dos médicos participantes nas xornadas e desexaba que esta reunión serva para avanzar nos traballos de investigación e de coñecemento de cara a avanzar na prevención e na curación desta enfermidade.

ÚLTIMAS

Convenio entre a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e a Asociación de Empresarios de Mos

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next vén de asinar un novo convenio para...

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...