HomeTerra de LemossanidadePladesapu denuncia a falta de transparencia na incorporación dun médico ao Centro...

Pladesapu denuncia a falta de transparencia na incorporación dun médico ao Centro de Saúde de Pantón

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte (PLADESAPU) denuncia a falta de transparencia con respecto a incorporación dun médico no horario de tardes no centro de saúde de Ferreira de Pantón. "O que en principio se vendera como a suma dun novo médico para aliviar a carga asistencial, resultou non ser tan idílico", aseguran.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo Pladesapu, a nova médica vén dende o centro de saúde do Incio e estaría contratada para unha prolongación de xornada, “que non sería máis que unhas horas a maiores do horario habitual de 8 a 15h para atender a todos os pacientes que non se puideron ver de mañá, pero sen atender ningún tipo de urxencias que poidan xurdir por orden do Sergas.”

Aseguran que “o peor é que de ser unhas poucas horas para atender aos pacientes que puideran quedar sen ver a mañá, pasou a ser case outro turno completo, con saídas ás 20h e en ocasións con máis pacientes citados incluso que pola mañá. Como resultado da pésima xestión, a médica xa non está a exercer nese centro sanitario.”

A día de hoxe a situación volve a ser a mesma que se denunciaba hai uns meses, a pesar das promesas feitas pola Xerencia. “Coma sempre o Sergas trata de tapar o sol cun dedo, dando solucións temporais e improvisadas a problemas que xa veñen de lonxe.” Polo de agora esta semana veu un sustituto, pero só unha tarde, e non se sabe que solución a longo prazo lle darán a este problema.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...