InicioTerra de LemossanidadeChantada quere sanidade concentrouse este sábado diante do centro de saúde

Chantada quere sanidade concentrouse este sábado diante do centro de saúde

Co lema CHANTADA QUERE SANIDADE con máis persoal e calidade asistencial, a plataforma Chantada quere sanindade convocou para este sábado, 4 de novembro, ás 12:00h ós veciños de Chantada a unha primeira concentración para demandar melloras no centro sanitario local.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Concentración da plataforma Chantada quere sanidade tivo lugar diante do Centro de Saúde da vila onde se leu un texto a modo de manifesto pedíndolle a administración máis medios, calidade na asistencia primaria e o remate da “desastrosa xestión” que está a acontecer no centro médico de Chantada.

A plataforma reflexa así a situación que están a vivir, o ratio medico-paciente é insostible. Atopamos consultas onde se atenden nunha xornada a máis de 70 pacientes, ás que segundo a administración se lles debe adicar non máis de 7 minutos. As xubilacións de persoal tanto médico coma de enfermería non se cobren dando paso ao peche de consultas, incluso de especialidades como pediatría. Isto fai que menos profesionais tivesen que facerse cargo de máis pacientes, restando con elo a calidade do servizo. Tampouco se cobren as baixas do persoal nin as vacacións, ocasionando a saturación dos compañeiros que se atopan traballando nese momento. Pacientes que acuden a citas programadas días antes, atópanse que o seu médico non está pero tampouco mandaron dende a administracións substituto e teñen que adiar unha nova cita despois de terse desprazado, as veces en taxi; a nova cita pode ser para semanas despois. Isto ocasiona múltiples problemas entre eles o retaraos nos tratamentos, diagnósticos ou mesmo que algúns pacientes con problemas de importancia acudan, se a súa economía o permite, a sanidade privada. A isto debemos sumar, nun exercicio aritmético que nunca remata, que as consultas físicas se están substituíndo paulatinamente por telefónicas, cousa que en certos casos pode ser positivo pero o certo e que moitas veces o paciente nin sequera recibe a chamada. Instálanse máquinas de cita electrónica que a poboación de certa idade non sabe usar, reducindo a súa autonomía e botando man de axuda do persoal ou de outro usuarios, para unha consulta que ao mellor ese día nin sequera dispón de médico.

Lembran que no verán o centro contou en outubro o Punto de Atención Continuada (PAC) que dá servizo a Chantada e Carballedo estivo unha xornada sen persoal médico dende a primeira hora da tarde e ata ben entrada a madrugada do día seguinte, deixando a contorna sen resposta inmediata ante unha emerxencia.

Aseguran que o mesmo acontece en toda a área sanitaria do sur de Lugo. No Hospital de Monforte o persoal médico é cada vez mais escaso e mesmo especialidades como Dixestivo, Rehabilitación, etc non contan con profesionais no centro polo que os pacientes son derivados a outras consultas. As condicións laborais segundo os profesionais tampouco son boas e non fan atractivo a profesionais de fóra asentarse na comarca.

ÚLTIMAS

O PP pide a reparación da estrada provincial LU-P-5301 no casco urbano de San Clodio

O portavoz, Antonio Ameijide, a viceportavoz, Carmen José López, e o deputado da zona...

Mensaxe do Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo a Pedro Sáchez

Bienquerido compañeiro Presidente: Recibo con enorme sorpresa e preocupación a túa carta aberta sobre...

31 da Feira do Viño de Vilachá na primeira fin de semana de maio

Esta edición manterá tamén outro dos cambios dos últimos anos: a creación de dous...

60 equipos inauguran a tempada de montaña en Taboada esta fin de semana

A nova directiva da Escudaría Taboada mantén o trazado orixinal da proba, na que...