HomeTerra de LemossanidadeChantada quere Sanidade concéntrase o 2 de decembro ás 13:00h diante do...

Chantada quere Sanidade concéntrase o 2 de decembro ás 13:00h diante do centro de saúde

Este mércores reuníase no Casino de Chantada a plataforma "Chantada Quere Sanidade". O encontro servía para planificar accións futuras para demandar a restitución "dun servizo sanitario digno tanto no Centro de saúde Chantadés coma en toda a comarca."

Publicado o

POR
redaccion
- Advertisement -

Aseguran desde a plataforma que se a situación se estaba deteriorando dende hai anos, na última semana volve ser crítica. Entre os moitos problemas destacan, “as xubilacións, vacacións e baixas que non se cobren, sanitarios desbordados, pacientes que esperan citas de atención primaria durante semanas, citas que se cancelan, ou pacientes que acoden ao centro de saúde cunha cita e infórmanos que o seu médico ou enfermeiro de referencia non está e non serán atendidos”.

A plataforma Chantada Quere Sanidade e os veciños e as veciñas da vila entenden que esta situación non pode continuar, ao afectar á saúde xeral da poboación se non se toman medidas.

Na reunión deste mércores a plataforma deu conta das conversas que están mantendo con outros grupos a nivel nacional en defensa da sanidade, así como a recollida de milleiros de sinaturas. A este respecto sinalan que “lamentamos a negativa do alcalde de Chantada a asinar, a diferenza dos de Taboada e Carballedo que si asinaron.” Dende a coordinadora presentáronse diferentes medidas a levar a cabo nas próximas semanas para tentar reverter a “situación de desleixo actual”.

A primeira acción será unha concentración diante do Centro de Saúde, que terá lugar por segunda vez, o 2 de decembro ás 13h. “Convocamos, pois, a toda a cidadanía a asistir en defensa da sanidade pública porque Chantada e Carballedo meréceno e porque a Xunta debe entender que ser menos no rural non resta direitos”, conclúen desde a plataforma.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...