HomeTerra de Lemossanidade"Investir en infraestruturas en lugar de en medios humanos é un despropósito",...

“Investir en infraestruturas en lugar de en medios humanos é un despropósito”, asegura Pladesapu

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública (PLADESAPU) da área sur de Lugo, responde con escepticismo ante as declaracións do conselleiro de sanidade, Julio García Comesaña, durante a súa visita ao hospital comarcal de Monforte.    

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade aseguraba que habería un investimento de 15 millóns de euros no hospital, e que, entre moitas outras cousas, se ampliaría o espazo para as consultas externas.

Desde a Plataforma aseguran non entender moi ben para que queren aumentar o espazo das consultas, “cando estas carecen de facultativos que as atendan, e a tendencia xeral é centralizar todo no hospital de referencia, situado en Lugo. Só neste último ano, a dixestóloga colleu a baixa e non a está a cubrir ninguén, só se fan endoscopias unha vez á semana, con listas de espera que superan o ano e con pacientes tendo que ir á sanidade privada”, sinalan.

Segundo Pladesapu, as listas de espera seguen sendo longuísimas e os pacientes acoden á privada desesperados por unha solución ós seus problemas; “os rehabilitadores que viñeron cara finais de ano, desaparecidos de novo en combate…por non falar de que este ano quedamos coa metade de radiólogos, un que se xubila a finais de ano, e outro que colle praza en Burela, polo que de catro que hai actualmente o hospital pasaría a ter dous. É dicir, o investimento en infraestruturas en lugar de medios humanos é un despropósito”

Comesaña insistiu na incorporación de 21 novos médicos, “pero xa a finais de 2022, na primeira asemblea que organizou a plataforma, o discurso do Sergas era ese, a incorporación inmediata dunha morea de médicos que nunca acaban de chegar”, lembran desde Pladesapu.

A Plataforma insiste no desmantelamento do hospital comarcal, “por moito que queiran colgarse medallas a base de talonario facendo obras estruturais, moitas veces mal rematadas, como vimos nas inundacións deste inverno”. Esixen así compromisos reais con Monforte e a súa comarca, “non só propaganda nos últimos coletazos da campaña electoral. As melloras estruturais están moi ben, pero son os profesionais sanitarios os prioritarios, e as queixas dos usuarios están motivadas pola escaseza de médicos, non polo vellas que son as paredes”. 

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...