HomeTerra de LemossanidadeConcentración para pedir máis medios humanos e mateirais para o PAC de...

Concentración para pedir máis medios humanos e mateirais para o PAC de Chantada

Veciños de Chantada e Carballedo e profesionais do centro de saúde e do PAC, acompañados dos concelleiros socialistas nestes municipios e do Secretario Xeral Provincial, Álvaro Santos Ramos, esixiron, cunha concentración, aumentar os profesionais de urxencias e restituír unha ambulancia asistencial.

Publicado o

- Advertisement -

O Centro de Saúde de Chantada conta, polas tardes, cun médico e unha enfermeira para atender consultas e urxencias de máis de 10.000 persoas, 8.300 de Chantada e 2.200 de Carballedo. Veciños e profesionais levan tempo reclamando da Xunta que se reforce o persoal, porque cando hai urxencias domiciliarias, o centro queda sen médico e os pacientes teñen que agardar que regrese para poder ser antendidos.

Chantada contaba, antes, cunha ambulancia asistencial e outra suplementaria e agora só teñen a ambulancia asistencial operativa as 24 horas do día. Isto implica que en caso de varias emerxencias simultáneas, os profesionais tardan máis tempo en chegar ao lugar onde estea o enfermo. Por estes motivos, os veciños esixen a dotación doutra ambulancia.

Os socialistas destacaron a necesidade de reforzar o servizo de urxencias con máis persoal e solicitan outra ambulancia para poder atender as demandas dos veciños, tendo en conta que a área do PAC de Chantada ten máis de 300 km2 de extensión e 59 parroquias, o que aumenta o tempo de desprazamento e resposta antes calquera emerxencia.

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...