HomeTerra de LemossanidadeConvocatoria para constituír o Consello Municipal de Saúde de Monforte

Convocatoria para constituír o Consello Municipal de Saúde de Monforte

A cita será este xoves, día 21 de febreiro, no salón de plenos do concello de Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

Están convocados a esta primeira reunión un total de 18 de persoas, incluído o Secretario do Concello, con un único punto na orde do día, que é, a constitución do Consello Municipal de Saúde de Monforte.

O Consello Municipal de Saúde é un órgano colexiado de participación comunitaria para a consulta, o debate e o seguimento da xestión sanitaria no ámbito municipal. As súas funcións son:

  1. Estudiar a situación sanitaria e os seus problemas no ámbito do Concello.
  2. Emitir informes, por iniciativa propia ou dos órganos de Goberno Municipal, sobre as materias da súa competencia.
  3. Elevar propostas e informes ós órganos de dirección e de representación da área de Saúde, e ó Servizo Galego de Saúde.
  4. Presentar iniciativas, propostas ou suxestións ó Concello, para seren debatidas nas comisións informativas municipais correspondentes, e darlles traslado ás administracións competentes.
  5. Promover a participación comunitaria en temas de saúde.

O Consello Municipal de Saúde reunirase ordinariamente unha vez ó ano e, con carácter extraordinario, por convocatoria do seu presidente ou cando así o solicite a metade máis un dos seus membros.

ÚLTIMAS

Agroma Sober pregunta polo mal funcionamento da depuradora de Canaval e denuncia “dobre raseiro” na protección da paisaxe ribeirá

Lembran desde Agroma Sober que a situación da depuradora xa a levaron a pleno...

O BNG de Pantón esixe explicacións polos cortes na subministración eléctrica

O BNG de Pantón pide ao Concello que se dirixa ás distribuidoras eléctricas e...

O PSdeG de Triacastela denuncia que o PP incumpre o calendario de plenos

Segundo explican os socialistas, ata a presentación do escrito só se celebraron dous plenos...