InicioTerra de Lemossanidade"Canto máis avanza o conflicto peores servizos ten a cidadanía", Christian López

“Canto máis avanza o conflicto peores servizos ten a cidadanía”, Christian López

O sector das ambulancias está celebrando folga intermitentemente, semana si, semana non, para a partir do 20 de marzo pasar a folga indefinida. Christian López (CIG-FGAMT) asegura que están “preparados para asumir un conflicto longo e duro”.

Publicado o

- Advertisement -

Este martes pola mañá desenvolveuse a segunda xornada reivindicativa nos centros sanitarios do sur da provincia de Lugo. Houbo concentracións nos centros de saúde de Chantada e Monforte e no Hospital de Monforte. Ás concentracións convocadas por CCOO, CIG, Prosagal e UGT, sumáronse hoxe os traballadores do sector das ambulancias, que  nesta semana están en folga.

Con respecto ao feito de participar este martes na concentración en contra do desmantelamento da sanidade pública, despois de que a xerencia da xestión integrada non cumpra os compromisos que o ano pasado levaron á suspensión dos paros, Christian López apunta “A xente está sensibilizada con este tema porque hai un deterioro grande do servizos da saúde pública e hai que poñer os puntos sobre os “is” en cada conflicto. O desmantelamento da sanidade pública, a necesidade de especialistas,… e o conflicto no noso sector, van unidos e pareceunos interesante visibilizalo; porque todo esto suporá unha mellora que repercutirá nos usuarios, que somos todos”.

O sector das ambulancias conta en Galicia con 1.500 traballadores, ao redor de 120 na zona sur da provincia de Lugo. O vindeiro martes haberá nova concentración no hospital de Monforte que desde o sector das ambulancias terán que decidir se volven a secundar ou non, “pero se non hai solución, hai que estar”, sinala Christian López.

En canto á folga das ambulancias, o sector leva tres anos sen renovar convenio, un convenio que din “Hai que mellorar en termos económicos e de saúde laboral. Temos un persoal sometido a xornadas extraordinarias; uns vehículos que non contan con condicións de seguridade mínimas; non se fai limpeza e desinfección da roupa o que supón un problema para todos porque moitas veces se traballa con pacientes infectocontaxiosos.”

Asegura, Christian López que canto máis avanza o conflicto “peores servizos recibe a cidadanía, e usuarios das ambulancias somos todos”.

O conflicto, agora toma unha magnitude maior porque se está a piques de renovar os contratos de transporte urxente, o que afecta a algo menos da metade do sector. Segundo Christian López os contratos foron por debaixo de custes “e eso está xerando uns efectos negativos sobre o servizo, sobre os traballadores e sobre os usuarios.”

Na folga do sector das ambulancias, denuncia Christian López, que os servizos mínimos son abusivos e que desde os hospitais se está facendo un uso excesivo. En todo caso durante a folga están garantidos os servizos de risco vital e as probas de radio teraria e diálese.

ÚLTIMAS

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...

A Subida a Taboada inaugurará o Campionato Galego de Montaña os días 27 e 28 de abril

O vicepresidente da Deputación e deputado de Deportes, Efrén Castro, reuníuse este martes co...

Campaña de xuntanzas veciñais do PP de Monforte “para buscar solucións ás reclamacións de barrios e parroquias”

A Agrupación Municipal do Partido Popular de Monforte de Lemos comeza unha campaña de...