IniciosociedadeAs mulleres rurais de Sober crean un evento para poñer en valor...

As mulleres rurais de Sober crean un evento para poñer en valor o seu traballo

Con motivo da celebración do Día da Muller Rural, o 15 de outubro, o Concello de Sober en colaboración coas asociacións de mulleres rurais do municipio veñen de acordar nunha reunión celebrada no Consistorio a creación dun evento no que se poña en valor o traballo da muller no rural e o seu impacto positivo no Concello de Sober.

Publicado o

- Advertisement -

O Goberno local ve prioritario que o medio rural sexa un ámbito no que a muller se sinta cómoda e con posibilidades de desenvolverse plenamente para cumprir así todas as súas aspiracións laborais e persoais. “É imprescindible que a muller rural teña voz, e que esa voz se escoite, así como coñecer as súas necesidades laborais, de servizos ou de lecer”, precisa o rexedor, Luis Fernández Guitián. “Como tamén é crucial que se coñeza cal é a súa labor, tanto no entorno familiar como o social e o laboral, visibilizando o seu talento e as súas achegas á sociedade”.

“Consideramos que Sober é un bo exemplo de Concello de mulleres emprendedoras, referentes nos seus eidos laborais. Un territorio no que boa parte dos negocios e empresas xorden das ideas, os proxectos e o traballo das mulleres. E precisamente ese emprendemento feminino é o que o Concello de Sober e as asociacións de mulleres rurais do municipio queremos poñer en valor”.

A iniciativa pretenderá, entre outros obxectivos:

  • Dar visibilidade ao traballo que xa están facendo as mulleres en Sober, onde xogan un papel primordial
  • Provocar, incentivar e consolidar o empoderamento da muller rural
  • Formar e informar sobre as posibilidades da muller no rural
  • Contrastar experiencias e iniciativas con outras postas en marcha noutros territorios
  • Potenciar a innovación e a xeración de valor engadido de cara á creación de novos nichos de mercado
  • Xerar un debate social sobre o papel das mulleres e as eivas que atopan no rural.

O Goberno local e as mulleres rurais buscan xa data para celebrar un evento integrador, de periodicidade anual, que poña en valor o seu traballo e no que caberán eles e elas, na procura dun Concello inclusivo en todos os ámbitos.

ÚLTIMAS

Unanimidade no Parlamento para demandar ao Goberno de España a execución das variantes ferroviarias dos Peares e Rubián

O autor da iniciativa, José Manuel Balseiro, lembrou que son “infraestruturas proxectadas no seu...

A segunda etapa do Gran Camiño pasará por Taboada e Chantada o 23 de febreiro

A volta ciclista profesional “O Gran Camiño”, que por terceiro ano traerá a Galicia...

Exposición do pintor Gregorio Huerta del Río, o “pintor das uvas”, no centro do viño da Ribeira Sacra

O Alcalde, José Tomé Roca, acompañado pola Primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o ...

Moito que ver e facer para gozar do Nadal en Monforte

A Tenente de Alcalde, Gloria Prada e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, deron...