HomeTerra de LemosSober'Inmarcesibles', premiada polo Colexio de Traballadores Sociais de Galicia

‘Inmarcesibles’, premiada polo Colexio de Traballadores Sociais de Galicia

Inmarcesibles é unha mostra fotográfica que convida a reflexionar sobre a exclusión invisible que experimenta o sexo feminino cando falamos do seu físico. As traballadoras sociais do Concello de Sober, Ana de la Torre e Patrica González, foron as encargadas de recibir en Santiago o diploma e o cheque.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A mostra fotográfica do Concello de Sober ‘Inmarcesibles’, sobre a beleza real feminina, vén de ser premiada polo Colexio Oficial de Traballo Social no seu concurso de ‘boas prácticas’ dirixido aos e ás traballadoras sociais colexiadas.

As traballadoras sociais do Concello de Sober Ana de la Torre e Patrica González foron as encargadas de recibir en Santiago o diploma e o cheque outorgados no transcurso dunha gala na que se celebraba o 40 aniversario do Colexio de Traballadores Sociais de Galicia.

INMARCESIBLES

Inmarcesibles invita a reflexionar sobre a exclusión invisible que experimenta o sexo feminino cando falamos do seu físico. Exclusión porque nos ensinan que o corpo da muller debe ser o máis parecido posible ao canon de beleza establecido, loitando para conseguir encaixar neses parámetros e rexeitando se non o logran; e invisible porque dita ensinanza non se transmite de forma directa, pois é silenciosa e sutil, maquillándose baixo a premisa de que a muller debe ser libre e ha de estar preocupada por unha axeitada saúde física e mental.

O Concello de Sober contou coa participación libre e desinteresada de diversas mulleres que quixeron mostrarse tal e como son, defendendo todo tipo de corpos femininos e reivindicando a súa aceptación.

Tal é a repercusión desta iniciativa que a mostra convertiuse en itinerante e pasou xa por unha varios concellos da contorna e alén dela dende a súa presentación en xuño do 2022.

Ana de la Torre, unha das traballadoras sociais, falou tamén para Xornal de Lemos contando a súa experiencia.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...