HomeCulturaO ciclo "Música no outono" continúa este sábado día 10 de novembro...

O ciclo “Música no outono” continúa este sábado día 10 de novembro en Sober

O trío Ensemble Nuntempa está formado por tres moz@s que tocan o saxofón, percusión e piano. Teñen a inquedanza de promover a música contemporánea en España.

Publicado o

- Advertisement -

As Xuventudes Musicais de Sober xunto co concello soberino organizan para este sábado 10 de novembro, ás oito da tarde , un concerto do trío Ensemble Nuntempa, no Centro Sociocultural de Sober.  A actuación, enmarcase no ciclo ‘Música no Outono’

Ensemble Nuntempa está formado por tres músicos burgaleses, unha saxofonista (Cristina Arcos Cano), un percusionista (Pablo Treceño Salazar) e unha pianista (Carlota Arcos Cano). Estudaron e tocaron xuntos no Conservatorio Superior de Música de Castela e León e agora os seus camiños separáronse ao comezar os seus respectivos másters (Polonia, Alemaña e Suíza).

Os seus comezos son como formación de trío pero a súa idea principal é ir elaborando programas nos que máis artes teñan cabida, como danza, teatro, pintura, etc. Teñen a inquedanza de promover a música contemporánea en España.

O trío foi galardoado co 2º Premio vento-madeira no 87º Concurso Permanente (Madrid, 2017).

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...