HomeCulturaUnha soberina gaña un concurso de música contemporánea de Londres

Unha soberina gaña un concurso de música contemporánea de Londres

Sara Méndez é saxofonista e integrante da Banda de Música de sober

Publicado o

- Advertisement -

A soberina Sara Méndez ven de gañar o Concurso de Música Contemporánea do Royal College of Music de Londres. A saxofonista galega actualmente está a cursar un máster en Performance no Conservatorio do Royal College of Music de Londres, becada polos Big Give Awards.

Sara naceu en Proendos, Sober, no 1993. Cursou estudos superiores na Aula Internacional de Saxofón do Conservatorio das Illas Baleares, un dos  centros más prestixiosos desta disciplina. Xa no 2014, coas Xuventudes Musicais de Sober, ofreceu un emotivo concerto na Igrexa de Proendos. Actualmente,e aínda que está na cidade británica estudando, segue formando parte da Banda de Música de Sober.

felicitacións

O alcalde da localidade, Luis Fernández Guitián, agradece poder contar na Banda de Música local cunha integrante da súa categoría e descríbea como una “saxofonista extraordinaria que xa ten ofrecido concertos en Sober e que leva o nome do concello polo mundo adiante”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...