HomeTerra de LemosSober2000 racións de rosca para degustar en Sober

2000 racións de rosca para degustar en Sober

O concello celebra os días 11 e 12 de agosto a XXVII Feira da Rosca, Mel e Outros Produtos da Ribeira Sacra e o VI Túnel do Viño de Amandi. Na programación tamén se inclúen actuacións musicais, demostración de talla de madeira con motoserra, un obradoiro de feltro e a tradicional degustación de rosca para os asistentes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Como xa é tradicional en agosto, o Concello de Sober exalta a súa rosca, un dos produtos máis emblemáticos e coñecidos da Ribeira Sacra. Farao a vindeira fin de semana, 11 e 12, pero tamén haberá mel e outros produtos autóctonos para goce dos visitantes.

Un dos momentos máis esperados é o da degustación da Rosca. Farase a o luns 12 ás 13:00 h. na Praza do Concello e será gratuíta. Calcúlase que haberá unhas 2.000 racións de rosca de Sober con queixo, produto este último por xentileza de Queserías Prado.

PROGRAMA COMPLETO

A celebración comeza o domingo día 11 de agosto coa inauguración ás 18:00 horas do VI Túnel do Viño de Amandi, a cargo de Vinosacra.es. Trátase dun evento no que participan 25 adegas e 50 referencias de viños da subzona de Amandi e Sober que se poden degustar nunha carpa instalada na Praza do Concello. Colabora tamén co evento a empresa cárnica lucense Torre de Núñez.

25 adegas e 50 referencias de viños da subzona de Amandi e Sober

O horario do Túnel do Viño de Amandi será de 18:00 horas a 22:00 horas o domingo e de 11:00 a 15:00 horas o luns.

Para rematar esta xornada dominical, e aperitivo do día grande da Rosca, ás 21:00 horas actuará o grupo Deuce.

Túnel do Viño presente na XXIII edición da Festa da Rosca de Sober. Foto: Concello de Sober

LUNS 12 DE AGOSTO

Este día a programación dará comezo ás 10:00 horas co disparo de bombas de palenque. E ás 10:15 horas farase a apertura dos postos de rosca, mel e outros produtos da Ribeira Sacra.

Ás 11:00 horas haberá unha demostración de talla con motoserra a cargo de Eugenio Linares. Entre as 11:00 e as 13:00 horas haberá un obradoiro de feltro para todos os públicos a cargo de Ovella Viva.

Ás 12:00 horas terá lugar a actuación do Grupo Os Falcatrueiros.

Ás 13:00 horas farase a tradicional degustación gratuíta de 2.000 racións de rosca de Sober con queixo coa colaboración de Queserías Prado.

O Alcalde de Sober axudando no reparto das racións de rosca. Foto: Concello de Sober.

ÚLTIMAS

Mobilizacións contra os recortes no ensino en Ribas de Sil e Sober

Este domingo pola mañá, concretamente ás 11:00 h., daba comezo no CEIP de San...

Décimo aniversario do Festival As Cores do Outono, os días 27 e 28 de setembro na Pobra do Brollón

O festival de música galega de raíz As Cores do Outono, unha iniciativa do...

283 prazas para nenos e adultos nas Escolas Deportivas de Monforte

O Concello de Monforte oferta á cidadanía un amplo abano de actividades a través...

Prazo de inscrición aberto para o curso 2024-25 nas Escolas Municipais de Música e de Danza de Monforte

Para realizar as inscricións os interesados deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en...