HomesociedadeSober convoca 4 certames de Nadal

Sober convoca 4 certames de Nadal

Teñen carácter creativo e están pensados para a participación de xente de diferentes idades.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober vén de anunciar catro concursos para fomentar a participación da veciñanza no Nadal. Un deles anima a decorar locais comerciais, outro a poñer beléns e outros dous á creación literaria e gráfica.

Un dos concursos é o Certame de Poesía Infantil “Nadal 2024” (fase local) e está convocado dende a Biblioteca Pública de Lugo co patrocinio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia convoca. Destinado a novos creadores e creadoras ata 16 anos e con premios para 3 categorías: categoría A, ata 8 anos; B, de 9 a 11; e C, de 12 a 16. As bases están na súa páxina web.

Outro de carácter creativo-gráfico é o ‘Concurso de Postais’. Trátase de debuxar postais de Nadal e tamén con varias categorías: A, ata 8 anos; B, de 9 a 11 anos; C, de 12 a 16; e D a partir de 17 anos. Os premios son un diploma e lotes de libros.

E outros 2 certames creativos animan á elaboración de beléns e a decorar establecementos comerciais para ambientar o concello nestas datas. Poden participar persoas físicas ou xurídicas, de xeito individual ou colectivo, e tanto os beléns como as decoracións teñen que estar dentro do municipio. Os premios para os mellores consistirán en vales para gastar consumindo no comercio loca.

O prazo para presentarse a concurso remata o 20 de decembro e para participar hai que pasar polo Departamento de Cultura e presentar os impresos de solicitude. As bases destes 2 concursos están na páxina web do Concello de Sober.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...