HomeTerra de LemosSoberXornada técnica e cata no Concello de Sober

Xornada técnica e cata no Concello de Sober

Na charla, que terá lugar este xoves 26 de marzo, falarase do potencial produtivo para o viñedo das variedades resistentes a enfermidades.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober organiza este xoves a súa derradeira actividade do ‘Mes do Amandi’ antes dos tres días grandes da Feira do Viño, que este ano chega á súa XLVI edición. Trátase neste caso dunha conferencia e unha cata que se desenvolverán na Casa da Cultura entre as 18:30 e as 20:00 h.

Baixo o título “Variedades resistentes, innovación e sustentabilidade para o viñedo do futuro” preséntase unha interesante charla divulgativa e técnica guiada polo Dr. Enrique Barajas Tola, Doutor enxeñeiro agrónomo e licenciado en Enoloxía, do Instituto Tecnológico Agrario de Castilla y León.

Falarase, entre outras cousas, de como empregar menos tratamentos, acadar a máxima sustentabilidade e como usar novo material vexetal para ter un viñedo máis resilente.

A continuación haberá unha cata comentada con degustación de viños con variedades resistentes, así como tamén de albariño e godello produto de novas liñas experimentais.

ÚLTIMAS

Adxudícase por 400€ mensuais o servizo de cafetería do complexo deportivo da Pinguela

Previsiblemente a cafetería abrirá entre finais deste mes e principios de novembro, unha vez...

Unha excelente valoración da Xunta permítelle ao CCU de Monforte aumentar en 6.500 € unha subvención

A directiva prorrogada do CCU de Monforte vén de amosar a súa gran satisfacción...

A información pública a solicitude das autorizacións administrativas do proxecto de baterías “Bess Belesar” que prevé a creación dunha faixa cortalumes ante o risco...

A instalación dunha planta de almacenamento de enerxía mediante baterías denominada 'Bess Belesar', en...

Carude festexa o ‘Octoberfest’

En Carude son moi amigos e amigas da festa e calquera escusa é boa...