HomeCulturaRock e Folclore en Sarria

Rock e Folclore en Sarria

Esta noite hai programado un interesante concerto de rock na Sala Buril e o domingo 9 de xuño a Asociación Cultural Peleiriños celebra a súa X Xuntanza Infantil.

Publicado o

- Advertisement -

Para os amantes do rock chega esta noite a Sarria a banda N.E.O. (Near-Earth-Object). Un concerto para non perder pois será a única data na provincia de Lugo na súa primeira xira de presentación deste novo traballo dun dos guitarrista máis grande do panorama Español, Aberto Cereijo, ex de Los Suaves. Novos aires para a escena do Rock nacional con grandes melodías que se quedan no maxín con “guitarras contundentes e letras combativas apoiadas por unha progresiva e poderosa base rítmica, cancións destinadas a perdurar”, afirman dende o grupo.

Cartel do concerto de N.E.O na Sala Buril de Sarria

O mestre da guitarra Alberto Cereijo e o seu compañeiro nos Suaves, o batería Tino Mojón, volven contar co baixista Diego P. Castro, incorporando como novidade ao cantante galego Pedro Regueira. Este novo proxecto chámase N.E.O e o seu primeiro traballo discográfico publicouse en xaneiro de 2019 co título de “N.E.O – Objeto cercano a la Tierra“.

O concerto empezará ás 22:00 h. e o prezo das entradas é de 10 euros anticipada e de 14 en billeteira.

Pensando xa no domingo 9 de xuño, a Agrupación Cultural Peleiriños organiza, coa colaboración da Deputación e do Concello de Sarria, a X Xuntanza Infantil na Casa da Cultura a partir das 12:00 h. Ademais da actuación das formacións da entidade anfitriona participará a Agrupación Cultural Filseira de Outeiro de Rei.

ÚLTIMAS

O grupo de saxos ‘Mezzo Quartet’ abre o ciclo ‘Música no outono’ de Sober

O vindeiro sábado, 15 de novembro, terá lugar en Sober a primeira actuación do...

Achan morto a un octoxenario nunha mina de auga en Sober

Un octoxenario foi achado morto este luns nunha mina de auga no lugar de...

Remata a primeira fase da recuperación da Casa Escola de Meixonfrío en Taboada

A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, mantivo...

A DomusVi de Monforte asegura que “as denuncias do BNG non atenden á realidade do centro”

Segundo a DomusVi de Monforte o caso que denunciaba o BNG e recolleu XdL,...