HomeCulturaA Xunta abre en Sarria os actos conmemorativos das Letras Galegas 2021

A Xunta abre en Sarria os actos conmemorativos das Letras Galegas 2021

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participaron na tarde deste xoves na apertura dos actos conmemorativos das Letras Galegas 2021, dedicados a Xela Arias Castaño, con motivo do 59º aniversario do nacemento da poeta sarriá.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con motivo da apertura oficial dos actos conmemorativos das Letras Galegas 2021, a Casa da Cultura sarriá acolleu a inauguración da exposición Aquela nena de Sarria, promovida por Galicia Dixital e o Colectivo Egeria co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do Concello de Sarria e da Real Academia Galega. 

“Celebramos unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea, poeta singular, transgresora e guía de toda unha xeración poética renovadora da poesía galega en temas, estilo e forma”, destacou o secretario xeral na súa intervención. “Unha das mulleres máis innovadoras da cultura galega que sempre tivo a lingua galega como ferramenta de expresión e transformación da palabra poética e que sempre a dignificou desde as diferentes facetas que configuraron tanto o seu labor profesional, como tradutora e docente, como persoal”, concluíu.

Os actos contaron con recitado de poemas de Xela Arias a cargo das poetas Sonia Arias e Elena López, seguidos dunha interpretación musical a cargo de Eloi Caldeiro. Neles tamén participaron a nai e o fillo da homenaxeada, Amparo Castaño e Darío Gil, e distintos representantes das institucións participantes.

Primeira das mostras en homenaxe a Xela Arias

Aquela nena de Sarria, composta por doce paneis, reflicte o tempo sarrián e lucense de Xela Arias, a súa querenza por Sarria e o rural, o seu vencello co idioma galego e o empeño en que se recoñecese Xela como o seu nome real. Complétase con poemas dirixidos a Xela por alumnos e alumnas dos institutos sarriáns Xograr Afonso Gómez de Sarria e Gregorio Fernández, por poetas de Sarria, así como de compañeiras poetas galegas que seguen os camiños que Xela trazou e ata un conxunto de Vilariñas, especiais micropoemas con imaxes cos que un grupo de membros da Nova Poesía Guitírica honra a Xela no seu ano.

Dispoñible tamén desde o Portal da Lingua Galega, inclúe fotografías facilitadas pola familia de Xela e unha serie de debuxos da pintora lucense Sabela Arias, que conforman un especial complemento ás fotografías que foron o punto de partida da autora para este traballo. Poderá visitarse en Sarria ata o 15 de marzo e percorrerá despois os centros educativos do concello lugués.

ÚLTIMAS

Quiroga viaxa a Santiago o 18 de xaneiro para ver “Memorias dun neno labrego”

A obra que se representará é “Memorias dun neno labrego”, baixo a dirección e...

13.600€ na rehabilitación da Fonte de Piñeiro en Bóveda

O Goberno local solicitou unha axuda para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinada...

Unha vintena de titulacións universitarias de Galicia serán distinguidas este ao co selo de excelencia

A Xunta informou de que este ano unha vintena de titulacións universitarias de Galicia...

Éxito do Mercado de Nadal de Pantón que abrirá os mercados da comarca na primeira fin de semana de decembro

O Concello de Pantón abría o Mercado a profesionais na decoración de Nadal, nas...