InicioCulturaDálle espazo á biblioteca na túa vida

Dálle espazo á biblioteca na túa vida

O Colectivo Lemos Le organiza o día 21 un xantar de confraternidade para conmemorar o Día da Biblioteca, que se celebra o 24 de outubro.

Publicado o

- Advertisement -

Para a celebración do Día da Biblioteca o Colectivo Lemos Le prepara un xantar de confraternidade para todos os sectores e persoas vencelladas á cultura, á lectura e á educación. É o sexto ano que se organiza unha xornada destas características coa que se pretende reivindicar a importancia do papel das Bibliotecas como difusoras de cultura, formadoras de lectores, lugar de encontro e centros de información e recursos.

O xantar celebrarase o día 21 de outubro no Restaurante Arume de Rubián – Bóveda a partir das 14.00 horas. As entradas para asistir poden recollerse nas Bibliotecas Públicas Municipais da Pobra do Brollón, Bóveda, Saviñao, Sober; nas bibliotecas escolares do colectivo, no IES Daviña Rey ou no propio restaurante ata o día 18 de outubro a un prezo de 20€A cita aproveitarase para entregar os premios do V Certame de Divulgación Mulleres de Lemos: Genoveva González Prieto. Unha muller para o 8 de marzo e presentarase a sexta edición do Certame.

Este ano contarase coa colaboración da autora do Saviñao, Alicia Fernández. En anteriores edicións, teñen participado  outros autores da comarca como Olga Novo, Manuel Veiga, Lois Diéguez, Ramón Sandoval ou Xabier Quiroga.

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...