HomePolíticaO ensino centra as demandas de Esperta Monforte no pleno deste luns

O ensino centra as demandas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno deste luns mocións para a creación do Consello Escolar Municipal e a posta en marcha dunha Escola Infantil Municipal. Tamén reclaman solucións no serivizo de limpeza dos colexios públicos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Monforte de Lemos é a cabeceira dunha comarca cunha rede educativa ampla, que abrangue centros públicos e concertados de educación infantil, primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial. Consideran que nesta situación debería dispor dun espazo estable no que a comunidade educativa e a corporación municipal trataran o que afecta ao alumnado da localidade. Aseguran que o Consello Escolar Municipal é ese espazo, o órgano de consulta e participación dos sectores afectados na programación do ensino non universitario e na planificación dos centros escolares de ámbito municipal.

Esperta Monforte considera que a ausencia deste órgano ten consecuencias concretas, “No pleno do pasado mes de seternbro defendemos unha moción sobre a situación de 2º de Educación Primaria e o equipo de goberno abstívose alegando non dispar de información suficiente sobre o asunto. Esa resposta é, en si mesma, o mellar argumento a favor desta moción”.

Para atender ao alumnado de infantil, Monforte conta cunha escola infanti con 41 prazas e unha gardería privada co mesmo número de prazas. A lista de agarda para a escota infantil municipal no curso 2026-2027 foi de 26 nenos e nenas. O Concello de Monforte contaba en xullo de 2025, segundo o IGE, con 532 nenos e nenas no grupo de O a 4 anos de idade. A falta de cobertura das necesidades de conciliación e escolarización da infancia de O a 3 anos en Monforte motiva desprazamentos a concellos limítrofes para acudir á gardería que “debería ser un servizo e dereito básico na nosa cidade, propoñemos aos grupos políticos do Concello de Monforte que reclamemos conxuntamente ante a Xunta unha escota infantil pública, unha Galiña Azul”.

Espertamonforte presentará tamén unha serie de preguntas en defensa dos traballadores e traballadoras afectados polo contrato do servizo de limpeza nos colexios públicos da Gándara, Infanta Elena e Colexio Novo. Piden explicacións ao goberno local sobre a adxudicación deste contrato e sobre a súa supervisión. “Non imos permitir que estas persoas paguen os erros do Concello. Se a empresa non cumpre, quen a contratou ten que dar a cara”, asegura Germán Vázquez. A formación política presenta como rogo que se dea conta de todas as xestións necesarias para garantir o cobramento íntegro das mensualidades e atrasos que se lle deben ao persoal de limpeza destes centros, “chegando a aplicar, se fose preciso, a cláusula 22.2.k do prego de cláusulas administrativas, que abriga o Concello a reter os pagamentos á empresa adxudicataria para garantir o pagamento dos salarios”.

ÚLTIMAS

“Cando a propia persoa ou grupo afrontan con éxito a dificultade da súa problemática”, unha das satisfaccións dos Servizos Sociais de Pantón

Para comezar, como defenderiades o rol da educación social dentro do Concello de Pantón....

Caurel Vivo volve a propoñer destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Caurel Vivo asegura que o concello se enfronta a importantes retos demográficos, sociais e...

O PP de Monforte prepárase para “lograr un cambio de Goberno” nas elección xerais

Os afiliados do PP de Monforte de Lemos mantiveron esta semana unha reunión de...

Patricia Varela Fernández, nova responsable local do BNG do Saviñao

A nova voceira nacionalista é veciña de Vilaesteva e profesora de Lingua Galega de...