HomeDeportesExitosa clasificación de Eduardo Iglesias no Dakar 2021

Exitosa clasificación de Eduardo Iglesias no Dakar 2021

O corredor de motos monfortino rematou a edición deste ano no posto 53. Moi meritorio, no seu segundo ano e con 142 corredores que partían de saída.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nunha das competicións de motor máis complicadas e arriscadas do mundo, participar e chegar á meta é xa un logro de moito mérito.

Pois ben, Eduardo Iglesias quedou clasificado no posto 53 dun total de 142 motoristas que había na grella de saída. Un resultado moi bo que chega no seu segundo ano de participación e nunha das edicións máis dificultosas por diferentes motivos.

Edu Iglesias coa medalla. Foto: Tem Monforte Rally

Segundo comentan dende o seu gabinete de prensa “Foi un Dakar máis duro e esixente que o do ano pasado pero tamén Eduardo estaba mellor preparado fisicamente e a moto respondeu perfectamente en todo momento”.

Entre os corredores españois de motos que participaban, un total de 17, Eduardo Iglesias quedou 10º, moi boa marca tamén para o monfortino.

Declaracións de Eduardo Iglesias

ÚLTIMAS

Un amplo programa animará o Entroido no Concello da Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón empezou este 5 de febreiro a celebración do...

Cortada por un derrube de terra a LU-P-4103 entre Ferreira e o encoro de Santo Estevo

A Deputación informa do corte ao tráfico da estrada provincial LU-P-4103, ao seu paso...

Clausúrase en Monforte a fase galega da Olimpíada de Xeoloxía

Este mércores pola tarde celebrouse o acto de clausura e entrega de premios da...

O chef Javier Olleros, embaixador do aceite de Quiroga

A XXVI Mostra do Aceite de Quiroga que se celebrará os días 14 e...