HomeDeportes16 medallas e primeiro posto por equipos para o Quixós

16 medallas e primeiro posto por equipos para o Quixós

Este é o balance de galardóns para o club monfortino tras competir en Dumbría na IV regata da Liga Galega Promoción Slalom 2021

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A expedición monfortina chegaba na mañá deste 15 de agosto ao Concello de Dumbría para competir na IV regata da Liga Galega Promoción Slalom 2021 que se disputaba no encoro da Fervenza. Facíao con catorce palistas, algún e algunha deles/as para facelo en dúas modalidades, canoa e kayak.

O resultado final, despois das dúas mangas realizadas, non puido ser mellor para o Quixós, pois acadou 16 medallas subindo 12 palistas aos caixóns. E co mérito engadido de que o circuíto era ‘algo bravo’, con bastante máis corrente da que estaban acostumados/as nas competicións anteriores da Liga Galega Promoción Slalom.

Xoel Fernández nunha manobra de remonte. Foto: Marga M.

Dos deportistas que obtiveron medalla, catro deles recundaron con dúas ao participar nas dúas categorías. Así, pois, Nerea Gutiérrez e Jacobo Rodríguez acadaron 2 medallas de ouro; en K1 e C1 infantil respectivamente. E con dúas volven a Monforte tamén Martín Prats; ouro en K1 alevín e prata en C1 alevín e Sara Inés Varela; ouro en K1 alevín e prata en C1 alevín.

Como curiosidade, no que respecta ao pódium, salientar a categoría de K1 prebenxamín masculina na que tres palistas do Quixós coparon o mesmo. Así, Mateo Valladares foi ouro, Antón Liñares prata e Marco Rodríguez bronce.

Os tres palistas do Quixós no pódium. Foto: XMF

O resto de medallas repartíronse do seguinte xeito:

Abril Fernández quedou primeira en K1 prebenxamín; Mara Ledo foi bronce en K1 alevín, Xoel Fernández ouro en K1 benxamín; Rodrigo Morillo bronce en K1 benxamín, Efrén Rodríguez bronce en K1 alevín.

E vistos estes resultados, o Club Quixós  acadou o primeiro posto por equipos.

CURIOSAS MEDALLAS

Outra curiosidade da xornada atopámola nos galardóns. O DEP Dumbría, anfitrión nesta ocasión, fixo unha entrega de medallas algo especial, pois estas non eran de metal se non que eran galletas.

Tanto os trofeos individuais como os de club eran unhas galletas artesáns coa súa respectiva cinta, collendo ademais cada deportista a súa ao subir aos caixóns, non habendo ningunha autoridade na entrega.

Medalla de galleta

ÚLTIMAS

Éxito do Mercado de Nadal de Pantón que abrirá os mercados da comarca na primeira fin de semana de decembro

O Concello de Pantón abría o Mercado a profesionais na decoración de Nadal, nas...

1,5M€ para a segunda convocatoria das axudas destinadas á conservación paisaxística na Ribeira Sacra

As achegas están destinadas a poñer en valor o labor que desenvolven as persoas...

Os Reis Magos visitan en Monforte os centros de atención a maiores e persoas con discapacidade

Trala multitudinaria Cabalgata que sementou ilusión polas rúas monfortinas o pasado luns, as Súas...

Galicia pecha 2025 con 17.715 cotizantes máis á seguridade social

Con 112.031 persoas, cóntase coa cifra de paro máis baixa nun mes de decembro...