HomeEconomíaObras de mellora para comunicar O Corgo con Láncara

Obras de mellora para comunicar O Corgo con Láncara

O proxecto unirá as localidades de Santalla e Trasliste, terá un custe global de 61.200 euros e o 70% do mesmo irá con cargo á Xunta de Galicia.

Publicado o

- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado dos alcaldes dos respectivos municipios, presentou este venres o proxecto da obra que se atopa pendente de formalización, estando os traballos xa adxudicados á empresa Bascuas. A iniciativa ten un custe global de 61.200 euros e está financiada nun 70% con cargo ao orde de mellora de infraestruturas públicas.

A Vicepresidencia da Xunta e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza financia un proxecto conxunto para a mellora da estrada que une as localidades de Santalla e Trasliste, nos municipios do Corgo e de Láncara respectivamente.

As actuacións prolongarase en case dous quilómetros desta vía e na totalidade do ancho da calzada -de 4 metros-, así como nas beiravías. Inicialmente acometeranse obras de reparación do firme con dobre rega, para despois reforzar a capa de rodaxe cun aglomerado en quente de mestura bituminosa.

Tamén se contempla a limpeza das beiravías e a disposición dun novo perfilado en forma de ‘V’ e obras de entubado naqueles treitos ou espazos nos que sexa preciso.

Balseiro puxo en valor estas liñas de colaboración entre administracións, que permiten levar a cabo actuacións que benefician directamente aos cidadáns, en particular, aos veciños e usuarios desta vía que serve de nexo de unión entre as parroquias destes dous municipios lugueses.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...