HomeEconomíaXornadas informativas para combater a 'avespiña do castiñeiro'

Xornadas informativas para combater a ‘avespiña do castiñeiro’

Os encontros, dirixidos preferentemente ao sector da castaña, terán lugar entre o día 2 e o 26 de marzo nos concellos de Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil, A Pobra do Brollón, Sober, Pantón e Monforte de Lemos.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural organizará durante o vindeiro mes de marzo diversas xornadas para informar das medidas que se levan a cabo para combater a avespiña do castiñeiro (Dryocosmus Kuryphilus) e informar da situación actual da afectación deste insecto na nosa comunidade.

Os encontros, dirixidos preferentemente ao sector da castaña, terán lugar entre o día 2 e o 26 do vindeiro mes nos concellos de Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil, A Pobra do Brollón, Sober, Pantón e Monforte de Lemos.

Como novidade este ano, nas xornadas explicaráselles aos produtores como deben podar onde se fixeron soltas do Torymus sinensis para evitar baixas deste parasito que combate a avespiña. Daráselles conta de que deben evitar a poda ou sortear as bugallas onde se depositase este organismo para que a loita contra a praga poida ser efectiva.

Así, trataranse dous temas principais: esta loita biolóxica con Torymus sinensis, que se está desenvolvendo desde o Servizo de Saúde e Vitalidade do Monte da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal; e a procura de resistencias e tolerancias nos materiais galegos de castiñeiro e a súa aplicación na mellora xenética, no que está avanzando o Centro de Investigación Forestal de Lourizán, dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal). A maiores, os asistentes poderán coñecer de primeira man a experiencia italiana na loita biolóxica contra esta praga, un referente europeo por levar máis de 15 anos combatendo a avespiña do castiñeiro.

Desde o 2015, a Consellería do Medio Rural iniciou unha serie de medidas para levar a cabo un control integrado da praga, que se centrou principalmente na loita biolóxica co parasito Torymus sinensis, do que se veñen facendo soltas en diversos puntos da xeografía galega. Os resultados do seguimento destas soltas confirman o asentamento deste parasito nos soutos de castiñeiros de Galicia e, polo tanto, dan conta de que esta medida biolóxica é efectiva na loita contra os danos ocasionados pola avespiña do castiñeiro. Por iso, a Consellería do Medio Rural destina este ano preto de 2,2 millóns de euros para reforzar a loita contra este insecto coa solta doutros 1,6 millóns do parasito Torymus sinensis en toda a comunidade.

CHARLAS PARA PRINCIPIOS DE MARZO

O vindeiro luns 2 de marzo haberá unha charla informativa sobre o tema no Concello de Folgoso do Courel -Casa do Concello- entre as 10:00 e as 14:00 h. e no Concello de Quiroga, na Casa da Cultura de 16:00 a 20:00 h. Un día despois, o 3 de marzo, a charla desenvolverase no Salón de Actos do Concello de Ribas de Sil a partir das 16:00 h.

ÚLTIMAS

IGV solicita ao MITMA a reparación urxente e integral da N-540 e da N-120 e reclama modificar a licitación actual

Interior Galego Vivo asegura que a N-540 conta con varios tramos totalmente degradados e...

Moito público e gran participación no Desfile de Martes de Entroido monfortino

Con máis de 1.300 participantes no Desfile de Comparsas e Disfraces e as rúas...

O Oso de Salcedo volveu facer das súas este luns

Arias felicitou á veciñanza de Salcedo polo seu traballo para preservar "un dos Entroidos...

1.300 inscritos na XII edición do Quiroga Trail Challenge

Pechadas xa as inscricións unhas horas antes da data límite por prazas esgotadas destácase...