HomeEconomíaChantada, única comarca do sur de Lugo na que sube o paro

Chantada, única comarca do sur de Lugo na que sube o paro

As outras comarcas, Lemos, Quiroga e Sarria, ofrecen datos positivos respecto ao pasado mes de xaneiro. Monforte foi o mellor concello, con 58 desempregados/as menos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Secretaría de acción sindical de CC.OO. en Lugo alédase dos bos datos de paro da capital da Ribeira Sacra, máis se cabe despois de meses con datos moi negativos. Pola contra, o sindicato indicado non ve con bos ollos que “o 90% dos contratos seguen sendo temporais, así como o paro feminino que alcanza un 7% máis que o dos homes”.

Así mesmo, valoran especialmente que a extensión dos Ertes ata o 31 de maio  pois do contrario “estaríamos nunha situación dramática de centos de familias nas nosas comarcas”.

Entrando xa en números, a comarca co mellor comportamento neste pasado xaneiro foi Lemos, que acumula 1818 parados/as, pero resta respecto ao mes anterior 95 persoas. En Sarria quedan con 1241 (-18), en Quiroga con 276 (-42) e en Chantada con 731, pero coa mala nova de nesta comarca suman 16 parados/as máis.

NÚMEROS POR CONCELLOS

Comarca de Lemos: Monforte de Lemos 1301 (-58), Bóveda 53 (-7), Pantón 116 (-2), A Pobra do Brollón 73 (-8), O Saviñao 158 (-13) e Sober 117 (-7).

Comarca de Sarria: Sarria 897 (-14), O Incio 48 (-10), Láncara 130 (+7), Paradela 51 (+4), O Páramo 47 (-2), Samos 43 (permanece igual) e Triacastela 25 (-3).

Comarca de Chantada: Chantada 540 (+11), Taboada 113 (+2) e Carballedo 78 (+3).

Comarca de Quiroga: Folgoso do Courel 45 (-10), Quiroga 175 (-23) e Ribas de Sil 56 (-9).

Como remate da nota de CC.OO. lembran demandas xenéricas que teñen enriba da meda do goberno, entre elas a de dotar ao INSS e ao Servizo Público de Emprego de máis recursos humanos para acelerar a tramitación do ‘Ingreso Mínimo Vital’. “Non é de recibo que levemos un ano con miles de familias que téndoo solicitado, seguen sen recibir esta axuda vital”, sinala Mario Docasar.

ÚLTIMAS

“Xente que veu tocar a Sober hoxe está en orquestras europeas ou americanas de primeiro orde”, Luis Fernández Guitián

Luis Fernández Guitián é profesor de clarinete. Estudou no Conservatorio de Ourense, despois fixo...

A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés recibe a visita de 2 eurodiputados

O obxectivo central desta visita dos eurodiputados, Francisco Millán Mon e Nicolás González Casares,...

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...