HomeEconomíaMonforte Emprende

Monforte Emprende

O programa Galicia Rural Emprende da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do IGAPE, apoia seis novos proxectos empresariais en Monforte de Lemos promovidos por autónomos e pequenas empresas en sectores non agrarios.

Publicado o

- Advertisement -

A inversión na comarca de Lemos a través do programa Galicia Rural Emprende é de 445.000 euros, 375.000 para os proxectos de Monforte e 70.000 euros para unha inciativa no concello de Pantón.

Entre os proxectos emprendedores están a posta en marcha dun salón de peiteado canino que tamén comercializa artigos para animais de compañía, unha axencia de seguros con centro de atención telefónica e unha academia que ofrece clases de cociña infantil. Tamén serviu para a posta en marcha dun supermercado, dun centro de música e entretemento e dunha axencia de viaxes.

 A axuda prevista neste programa consiste nunha prima única de 20.000 euros que pode incrementarse ata os 70.000 euros. Os beneficiarios terán dereito a obter un anticipo do 60% da axuda total. Nos próximos meses a Xunta espera a aprobar unha nova convocatoria deste programa.

Con este tipo de iniciativas preténdese apoiar aos emprendedores e ás pequenas e medianas empresas, ofrecendo recursos e instrumentos que melloren as posibilidades de éxito das iniciativas e a súa consolidación no mercado. Ao mesmo tempo, contribúese a fixar poboación nas zonas rurais e aumentar as oportunidades dos seus habitantes no eido laboral.

ÚLTIMAS

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...

Olga Novo recolle en Barcelona o ‘III Premio Letras Galegas Vivas’

A profesora, poeta e ensaísta, Olga Novo, viaxou a pasada semana a Barcelona para...

As emerxencias sanitarias protagonizan o Faladoiro deste mércores en Quiroga

Xosé Ferrín, orixinario de Carballo de Hospital, leva traballando nas emerxencias sanitarias dende o...

7.600 persoas dependentes benefícianse na provincia de Lugo do Bono Coidado

O PPdeG destacou a boa acollida que o Bono Coidado no Fogar está a...