InicioMedio ambiente e PatrimonioUnha posible vila romana soterrada en Proendos, Sober

Unha posible vila romana soterrada en Proendos, Sober

Este venres, 17 de xaneiro, presentáronse á prensa os resultados da prospección arqueolóxica con xeoradar realizada na parroquia soberina de Proendos.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e a empresa encargada dos traballos, Estela Arqueoloxía e Patrimonio S.L., deron conta das conclusións preliminares do traballo arqueolóxico aos medios de comunicación no Centro Sociocultural.

En outubro de 2019 realizouse unha prospección con xeoradar en terreos de Proendos, en Sober. No lugar existía a constancia da presenza dun xacemento arqueolóxico de gran tamaño do cal se teñen documentado numerosas pezas: columnas, cerámicas e material construtivo. O traballo realizouse nas proximidades da igrexa de Proendos baixo a dirección de Estela Arqueoloxía e Patrimonio SL. 

O obxectivo da prospección era coñecer o estado de conservación deste xacemento, o seu tamaño e a súa posible funcionalidade. Levouse a cabo unha prospección de 27.000 metros cadrados e os resultados do xeoradar foron positivos. Froito deste traballo previo, documentouse un grande edificio con construcións asociadas duns 3.000 metros cadrados, cunha estrutura a modo de ábsida e posibles evidencias de baños no seu interior.

Nas proximidades deste grande edificio pódense adiviñar outros de menor tamaño asociados a rúas ou calzadas de paso, o que leva a pensar na existencia dun complexo entramado urbano en época antiga -sen poder concretar a cronoloxía- en Proendos.

Outros puntos prospectados ofrecen información sobre posibles estruturas de almacenamento, captación de auga e incluso existe unha posible estrutura defensiva a modo de foso, así como a coñecida necrópole de Proendos.

Imaxe do xeoradar

As características urbanas constatadas fan pensar en grandes edificios de cronoloxía romana xunto con fases prehistóricas e medievais. A funcionalidade e identificación dos edificios non se poderán determinar ata unha futura realización de escavacións arqueolóxicas que contrasten os datos.

Os estudos indican que poderíamos atoparnos ante unha vila romana ou un aglomerado secundario, un pobo cun urbanismo sofisticado.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...