HomePolíticaCaurel Vivo volve a propoñer destinar a vivenda pública o cuartel da...

Caurel Vivo volve a propoñer destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Actualmente as instalacións do cuartel están en desuso na súa práctica totalidade. "Só se utiliza un pequeno despacho na planta baixa, o resto do edificio, incluido o espazo habilitado para vivenda, non se destina a ningunha función práctica", destaca a formación política.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Caurel Vivo asegura que o concello se enfronta a importantes retos demográficos, sociais e de acceso á vivenda que dificultan a fixación de poboación e a chegada de novos veciños ao municipio. Ao mesmo tempo, existen infraestruturas públicas situadas no termo municipal que actualmente presentan unha utilización limitada ou parcial, como é o caso do cuartel da Garda Civil de Seoane, dependente do Ministerio do Interior.

Lembran que hai máis dunha década presentaron a mesma demanda que o Ministerio rexeitou e volven a insistir ante o empeoramento da situación demográfica e habitacional. “A realidade do Courel evidencia unha necesidade crecente de espazos destinados a vivenda pública, alugueiro social, aloxamento temporal para médicos, enfermeiros, bombeiros forestais, servizos comunitarios e locais ao servizo do tecido asociativo do municipio”.

A cesión total ou parcial dos espazos do cuartel que non resulten imprescindibles para o servizo, consideran que permitiría ao Concello desenvolver actuacións de interese público, contribuíndo á loita contra o despoboamento, á promoción da vivenda e á mellora dos servizos municipais.

Esta medida xa conta con precedentes noutras zonas do Estado, onde inmobles pertencentes á Administración Xeral do Estado foron cedidos a entidades locais para optimizar recursos públicos e dar resposta ás necesidades da cidadanía. E consideran necesario iniciar as xestións oportunas para solicitar ao Ministerio do Interior a cesión total ou parcial destas instalacións, “garantindo sempre a compatibilidade coa prestación dos servizos da Garda Civil”. 

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...