InicioOpiniónDiario da nova normalidade: "la vida sigue igual"

Diario da nova normalidade: “la vida sigue igual”

Moito se escribiu e se falou estes meses respecto ao cambio que todo isto provocaría na nosa forma de ver a vida e de interaccionar cos demais… Canto hai que esperar para ver eses cambios?

Publicado o

- Advertisement -

Pasamos tres longos meses confinados e pouco a pouco vaise vendo a luz ao final do túnel, rematou o estado de alarma e podemos circular libremente para ben da economía e das relacións sociais e familiares. Sen tempo non era…

Todo ben, a priori, se o facemos con prudencia. Pois ben, a prudencia era unha desas cousas que se incorporaría ao noso día, despois de verlle as orellas ao lobo. Vós vedes prudencia na xente? Eu non. Adolescentes xuntos, mesturados e incluso mirándote raro por levar máscara e eles sen ela ou pegada ao queixo. Terrazas cheas de xente, sen distancia social, sen máscara e entre xente que hai meses que non ven. E que me dicides da festa en plena pandemia que organizou o tenista Djokovic? Ou dos afeccionados do Sporting no partido contra o Oviedo no exterior do estadio? Irresponsabilidade ou idiotez?

Esta pandemia tamén nos ía facer máis xenerosos e solidarios. Pode ser que xermolara algo a xenerosidade pero cando o medo e as emocións perden forza esta esmorece. Un exemplo témolo no Circo Nevada. O estado de alarma fíxolles tirar a áncora en Monforte e aquí permanecen. Que comer non lles faltou porque o pobo monfortino volcouse e recibiron moita axuda nese sentido, e moi agradecidos. O caso é que fixeron varios pases estas pasadas semanas para que a xente poidese gozar do seu espectáculo, ofreceron o acceso de balde e agradecían donativos para poder recadar algo para arrincar a xira ou volver a Extremadura. Fixeron balance desas dúas semanas de funcións e viron que o recadado estaba moi lonxe do esperado. Segundo relatou o propio director do circo a un medio local “veu moi pouca xente e a maioría dos donativos que deixaron eran pequenos, de un, dous ou tres euros… houbo axudas de vinte ou trinta euros pero contábanse cos dedos da man”. Xenerosidade, si, pero a xusta.

O rural vaise ver beneficiado desta crise, a xente vai escapar das cidades e vai volver habitar as aldeas. Esta foi outra profecía, para ben, que ía traer o coronavirus. Neste caso aínda é cedo, quizais, para valorar esta hipótese pero tampouco acabo de ver factible esta tendencia. Esta fin de semana estiven en varias aldeas do sur de Lugo, unha mágoa ver casas esborralladas nalgúns casos e casas arranxadas pero deshabitadas noutros, lugares sen vida en definitiva… Faltando servizos básicos como boas conexións a internet, boas comunicacións viarias e mantemento dos propios concellos quen se vai animar a vivir nun lugar fermoso e retirado das aglomeracións por moito medo que lle teña ao virus?

Casa esborrallada no rural galego / XdL
Maleza invadindo as rúas dunha aldea / XdL

E que me dicides do colaboracionismo? Tamén se pensaba que a partir da Covid19 a economía local sería máis colaborativa, que mercariamos máis no comercio local e interaccionariamos máis entre nós, para apoiarnos uns aos outros e apostar polo noso. Pois tampouco o acabo de ver, o que si vexo é caixas de Amazon a moreas cando vou tirar o lixo. E comercios e negocios de proximidade que, podendo apoiarse nos medios de comunicación locais para promover o seu negocio, prefiren pagarlle a Facebook…

Amazon

En fin, todo segue sendo mellorable. Seguimos tendo fe no cambio ou resignámonos ao son da canción do noso paisano Julio Iglesias… “la vida sigue igual”?

ÚLTIMAS

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...