HomePolíticaPor Chantada presenta mocións sobre o SAF e o sector lácteo

Por Chantada presenta mocións sobre o SAF e o sector lácteo

Lembran desde Por Chantada que o alcalde negouse a regular a participación veciñal nas sesións plenarias, polo que a demanda das traballadoras do SAF para intervir no pleno non tivo resposta, segundo esta formación política que agora presenta moción ao respecto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ao respecto do contrato do SAF desde Por Chantada lembran que se acumulan as sentenzas xudiciais que revelan irregularidades e deficiencias no servizo “sen que conste seguimento nen medida algunha por parte do Goberno municipal”.

Segundo Por Chantada as sentezas no caso do SAF revelan abuso de servizos mínimos, incumprimento do convenio colectivo e despidos improcedentes polo que demandan do Goberno informes que aclaren as irregularidades recollidas nas sentenzas xudiciais para a imposición das sancións que sexan pertinentes. Solicitan tamén un compromiso para facer as xestións necesarias para a remunicipalización do SAF.

Moción SLG

Por Chantada tiña presentado en decembro a iniciativa do SLG sobre o sector lácteo, a moción quedara sobre a mesa para chegar a unha proposta de consenso, pero ao non avanzar o tema, Por Chantada volve a presentar a moción na que piden a convocatoria urxente da Mesa do Leite pola Consellaría de Medio Rural; a obrigatoriedade de crear índices de referencia vinculantes para impedir prezos e condicións abusivas; un sistema de mediación que impida os abusos sobre a parte produtora e que garanta que os contratos non sexan de adhesión.

A moción demanda ademais que ningún operador lácteo poida operar se non ten aval suficiente para o pago do leite; establecer unha liña de traballo urxente coas Administracións para reducir os custos de produción e liñas de axuda á desintensificación. Pídese tamén o compromiso por parte do Concello de Chantada de non mercar leite de empresas que paguen prezos inxustos, decantándose por marcas galegas que merquen e procesen o leite en Galicia.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...