HomePolíticaProxectos que quedan en promesas e mentiras, así define EspertaMonforte a política...

Proxectos que quedan en promesas e mentiras, así define EspertaMonforte a política municipal

Esperta Monforte presenta varias propostas ao pleno deste luns, 27 de xuño, no concello monfortino. Despois do último pleno de maio Esperta acusara ao equipo de goberno de mentirlle á oposición.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por unha banda presenta unha moción para dotar de piscina pública ao aire libre á cidade de Monforte. Lembran iniciativas similares o ano pasado por parte do BNG e do PP ás que o PSOE respostou, segundo lembra EspertaMonforte, anunciando para o 2023 un proxecto sen precedentes na materia relacionado co lecer.

A este respecto sinalan desde Esperta Monforte, o equipo de goberno require de dúas premisas para facer realidade o proxecto: “sempre que teñan os permisos e que os monfortinos lle dean a súa confianza no 2023” e lembran outras “prioridades” do equipo de goberno para este mandato. Refírense á ponte de ferro do malecón, á iluminación de Monforte e parroquias, parques e xardíns, safaltos e bacos e zonas A, C e D.

Esperta quere que os anuncios de proxectos se fagan realidade e aproveita para amosar o seu malestar coas respostas que o equipo de goberno dá ás súas preguntas nos plenos. Refírense concretamente ao pleno do pasado día 30 de maio que por ausencia do alcalde, presidía a tenente de alcalde, Gloria Prada. Neste pleno, EspertaMonforte preguntaba polo custe das obras do campo de fútbol do colexio PP Escolapios, “visto o convenio entre o concello, o colexio e club deportivo calasancio para a cesión de horas do campo de fútbol.”

Esperta Monforte asegura que a resposta do equipo de goberno foi que non había previsto ningún investimento neste terreo de xogo e de haber algo comunicaríase a información. Pero en marzo deste ano asinouse un convenio entre as tres partes anteditas, asinado polo xunta de goberno o 28 de marzo, convenio que foi remitido á oposición. Por iso EspertaMonforte acúsaos de mentir a sabendas, “o que confirma unha falta de respecto de cata a institución e tamén de cara a oposición. Desde Esperta non imos deixar de intentar que nos aclaren un tema que merma o bo estado e funcionamento das instalacións municipais en detrimento de instalacións privadas, e todo feito con cartos públicos”.

EspertaMonforte tamén presenta ao pleno deste luns un rogo para que se faga un recoñecemento público e entrega de distinción municipal anual aos mellores expedientes académicos de BAC e mellores notas de EBAU “dos conveciños como xa se fai agora cos mellores deportistas”.

ÚLTIMAS

José Tomé acompaña ao candidato socialista ao Senado, Roberto Castro, no inicio da campaña en Monforte

Do acto de pegada de carteis participou o candidato ao Senado, Roberto Castro, que...

“Falamos de cousas que poden volver pasar”, Rocío, de Rebuldeira Teatro sobre a obra ‘Vermello, unha historia da Guerra Civil’

A compañía Rebuldeira Teatro, de Sarria, chega a Monforte por primeira vez na súa...

Interesante obradoiro sobre fiscalidade para emprendedores rurais

O vindeiro martes 1 de decembro a Fundación Acción Contra a Fame organiza un...

O filme documental “O Son da Serra” comeza este 14 de novembro en Taboada as proxeccións pola provincia

“O día 14 de xullo de 2022 comezaba a arder a serra do Courel...