HomesociedadeMaios e olimpíadas escolares en Monforte

Maios e olimpíadas escolares en Monforte

O Concello de Monforte de Lemos involúcrase na recuperación dos Maios e colabora na celebración duns xogos escolares nos que participan 6 centros escolares en 5 modalidades deportivas diferentes.

Publicado o

- Advertisement -

Este mércores, día 8 de maio, terá lugar na Praza España de Monforte o tradicional concurso dos Maios, encontro no que se prevé gran participación de centros escolares e particulares monfortinos que queiran colaborar coa tradición con algunha creación.  A concentración, na que os participantes amosarán as súas elaboracións vexetais e florais, realizarase ás 17:30 h. para acto seguido facer lectura das coplas.

A convocatoria para participar foi feita xa días atrás polo concello e as solicitudes de inscrición no concurso “non competitivo” dos maios e mais das coplas, poden facerse ata o 7 de maio ás 14:00 h. Todos os concursantes, polo feito de participar, levarán un incentivo económico de 75 euros.

Os Maios percorrerán as rúas da cidade para rematar á hora prevista, 17:30, na Praza España. Xa alí procederán a interpretar as coplas.

E da tradición pasamos ao deporte. O domingo, 12 de maio, celebrarase en Monforte a IV edición das Olimpíadas Escolares. Organizan este evento a ANPA IES Daviña Rey e a ANPA A Gándara, participando os seguintes centros escolares: Colexio Novo, CEIP A Gándara, IES Daviña Rey, Colexio Ferroviario, Torre de Lemos e o IES Río Cabe.

Participarán uns 500 nenos e nenas que competirán en 5 modalidades deportivas diferentes: fútbol, Baloncesto, voleibol, atletismo e natación.

O Concello de Monforte colabora neste evento poñendo a disposición un gran número de instalacións deportivas, como son as Pistas de Atletismo Municipais, o Pavillón da Pinguela, a Piscina Climatizada Municipal e o Pavillón dos Institutos, e tamén facéndose cargo da entrega de medallas aos gañadores das competicións cun custe duns 1.200 euros.

Ao final da xornada, sobre as 19:00 h. está prevista a entrega de trofeos e unha festa final con chocolatada para asistentes e deportistas.

recollida solidaria

Durante toda a xornada aquel que o desexe poderá deixar material escolar de xeito solidario que irá destinado a ser repartido entre as familias máis necesitadas de Monforte. As entregas realizaranse no Pavillón dos Institutos, lugar onde se xogan as finais de Futbol Sala, e no Pavillón Municipal da Pinguela, onde se xogan os partidos de voleibol.

Todo o material que se recolla será repartido entre as AMPAS dos seis centros educativos participantes nestas IV Olimpíadas Escolares e estas, á súa vez, distribuirán dito material entre os alumnos e alumnas máis necesitados ao inicio do vindeiro curso escolar.

ÚLTIMAS

O 27 de outubro abre a nova Piscina da Pinguela en Monforte de Lemos

Esta tarde, ás 19:00 h. tivo lugar a presentación oficial das novas instalacións da...

Sober retoma polo San Martiño as Festas do Carme, suspendidas polo incendio

O Concello de Sober retomará polo San Martiño, patrón das parroquias á que pertence...

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...