Homesociedade506.000 euros para estradas provinciais no Saviñao

506.000 euros para estradas provinciais no Saviñao

A Deputación destina 506.000 euros á execución das obras de acondicionamento de dúas estradas do Concello do Saviñao, a LU-P-4102, que vai dende Ferreira a Currelos, e a LU-P-4202, de Pacios a Currelos por Aldosende.

Publicado o

- Advertisement -

Os traballos executados consistiron na reapertura e limpeza de cunetas, rehabilitación do firme con aglomerado en quente e o incremento da seguridade viaria coa renovación da sinalización horizontal; actuacións que mellorarán a comodidade dos condutores e a seguridade viaria.

Na LU-P-4202, que vai dende Pacios ata Currelos por Aldosende, realizáronse obras de mellora e acondicionamento de 3,3 quilómetros, entre os puntos 22,1 e 25,4. A Deputación investiu para o arranxo desta vía, 119.000 euros.

Na LU-P-4102, que vai de Ferreira a Currelos, acondicionáronse preto de 8 quilómetros, entre os puntos quilométricos 14,5 e 22,3 cunha achega económica de 386.852 euros. Esta estrada vertebra o norte e o sur do Concello do Saviñao e é a principal vía de comunicación para moitos veciños deste municipio. Co remate desta obra, a totalidade da vía atópase completamente renovada.

ÚLTIMAS

“Salvamos o Malecón” solicita a revisión de oficio da autorización de Patrimonio no proxecto da nova ponte en Monforte

A plataforma presentaba a mediados desta semana ante a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural...

A Deputación mellora estradas provinciais en Chantada cun investimento de 1M€

A mandataria provincial comprobou o estado da LU-P-1801 que une a localidade cos Peares,...

Éxito de público no Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte que rematou con entrega de premios o día 27

A Concelleira de Cultura do Concello de Monforte, Marina Doutón, entregou o día 27...