HomesociedadeAbi Castillo pinta á muller en Quiroga

Abi Castillo pinta á muller en Quiroga

O mural de Abi Castillo na fachada do pavillón de deportes de Quiroga pon fin aos actos do Día da Muller neste concello.

Publicado o

- Advertisement -

Rematado o mural dedicado a muller, elaborado pola artista viguesa, Abi Castillo, autora de moitas obras de muralismo e ilustración entre as que se atopan as ilustracións dos libros “Pioneiras”.

A obra titulada “Sororidade” é o último dos actos organizados dende a área de igualdade e benestar do concello con motivo do Día Internacional da Muller.

O mural que representa a dúas mulleres co estilo peculiar e inconfundible da creadora, figuras de grandes ollos que asoman a un mundo de aparencia onírica, está situado na fachada principal do Pavillón de deportes de Quiroga.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...