HomesociedadeSober reabre o ximnasio municipal con cita previa

Sober reabre o ximnasio municipal con cita previa

O Concello de Sober reabre este mércores, 27 de maio, o ximnasio municipal no que poderá realizarse actividade individual con cita previa no teléfono 982 46 05 13.

Publicado o

- Advertisement -

A practica deportiva farase de xeito individual e as instalacións serán desinfectadas despois de cada uso. O Concello de Sober tamén levou a cabo o protocolo de desinfección antes da reapertura e seguirá con el ata que as autoridades sanitarias o aconsellen.

O Goberno local ten previsto abrir tamén a principios do mes próximo a pista de pádel, emprazada na contorna das piscinas municipais de Sober, e tamén a pista polideportiva de Centeás. Nos dous casos será preciso pedir cita previa para o uso das instalacións. Estas medidas pretenden dar cumprimento a todas as normativas sanitarias para seguir combatendo a aparición da covid-19 entre a poboación.

Así, o Goberno local agradece que se faga un uso responsable das instalacións municipais e se respecten as novas normas establecidas.

ÚLTIMAS

Presentada a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

A presentación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que tivo...

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...