HomesociedadeUn hospitalizado por Covid19 no HULA e 10 no resto de hospitais...

Un hospitalizado por Covid19 no HULA e 10 no resto de hospitais galegos

O número de pacientes con COVID-19 ingresados en hospitais galegos aumentou ata 11, o que supón un máis que este mércores cando había 10, e as Unidades de Coidados Intensivos mantéñense liberadas de casos positivos. 

Publicado o

- Advertisement -

Un novo descenso no número total de casos activos deixa a provincia de Lugo con 29 positivos por coronavirus, 2 menos ca onte. Segundo información facilitada por Sanidade, non hai cambios nos hospitais: só o HULA acolle un paciente con COVID-19 en planta. Outras 28 persoas están a ser atendidas nos seus domicilios.

Os datos oficiais refiren, así mesmo, 906 altas epidemiolóxicas na provincia e 28 falecementos relacionados coa pandemia.

O número de pacientes con COVID-19 ingresados en hospitais galegos aumentou ata 11, o que supón un máis que este mércores cando había 10, e as Unidades de Coidados Intensivos mantéñense liberadas de casos positivos.

O número de usuarios de residencias de maiores con COVID-19 baixou a 13, tras rexistrarse outras tres altas, e tamén descenderon a 9 os casos de traballadores de xeriátricos afectados, segundo os datos facilitados este xoves polas consellerías de Sanidade e Política Social. 

Por outra banda, no día de onte volveuse producir un pasamento vinculado co coronavirus tras case unha semana sen mortes. Era un home de 83 anos ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Desta maneira, Galicia lamenta 619 vítimas mortais. 

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...