Homesociedade77 casos de Covid19 na provincia, mentres o hospital monfortino segue a...

77 casos de Covid19 na provincia, mentres o hospital monfortino segue a 0

A provincia de Lugo é despois da área sanitaria de Vigo a de máis incidencia de coronavirus en Galicia, despois do rebrote da Mariña.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres, 3 de xullo, a provincia de Lugo conta con 77 casos activos de coronavirus, 13 máis ca onte. Mantense o número de hospitalizados con 2 no Hospital Público da Mariña e 1 no HULA.

Os casos positivos na Mariña son 59, 12 máis ca onte, segundo a Consellería de Sanidade, “a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve”, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días.

74 persoas están nos seus domicilios, na provincia de Lugo, con diagnóstico positivo de Covid19, 13 máis ca onte, coincidindo con novos casos confirmados. A día de hoxe a provincia leva contabilizados 1.031 casos, incluíndo altas e falecementos.

número de casos activos de coronavirus en Galicia está en 318, 122 corresponden á área de Vigo –sen cambios con respecto a este xoves–; 63 á da Coruña e Cee –dez menos–; 24 á de Santiago e Barbanza –igual–; 17 á de Ourense –un menos–; 77 á de Lugo –13 máis–; 10 á de Ferrol –sen cambios– e cinco á de Pontevedra –un menos–.

ÚLTIMAS

Comeza o pase de primavera do ‘Vendaval’, mostra de cinema portugués na Ribeira Sacra

O Vendaval desta edición de primavera 2026, estenderá o seu programa dende o 23 ao...

Castro Caldelas acolle a VIII Spain Backyard Ultra

Esta fin de semana, o tempo deterase en Castro de Caldelas para enxalzar o...

Graduación do alumnado de 2º de BAC do IES A Pinguela

A exalumna de Humanidades Sandra Piñeiro Pedreira, premio extraordinario de Licenciatura en Historia e...

Este 22 de maio preséntase na casa da cultura de Quiroga o libro “A aira dos ventos”

“A Aira dos Ventos” vén sendo unha peza teatral de 70 pp. Editada por...