HomesociedadeDemoras na recollida de lixo nas aldeas de Quiroga

Demoras na recollida de lixo nas aldeas de Quiroga

O BNG de Quiroga asegura que aldeas como Paradaseca ou A Enciñeira fixéronlles saber que os contedores estaban colapsados e había bolsas de lixo xa fóra deles en cantidades importantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No caso de Paradaseca comunicaron ao BNG que o camión do lixo había máis de 10 días que non pasaba e que aldeas da contorna como Paradapiñol tiñan o mesmo problema.


Outro punto no que hai queixas estes días é A Enciñeira. Os 2 contedores están rebordados e empezan a acumularse bolsas no chan. Os veciños e veciñas amosan tamén o seu descontento co servizo e piden que se pase o antes posible a recoller o lixo amoreado.


Dende o BNG de Quiroga aseguran que xa fixeron chegar varias comunicacións a alcaldía para que solucionasen as incidencias o antes posible. Ao mesmo tempo trasladáronlle ao concello que aínda que nestes meses aumenta a poboación no rural, o Concello ten que actuar con previsión e reforzar o servizo para ofrecer unha atención óptima e axeitada aos seus veciños e veciñas. “Non é de recibo en ningún caso, e máis nestes tempos de pandemia, que o lixo saia fóra dos contedores e tarden máis dunha semana en recollelo. A día de hoxe, cónstanos que en Paradaseca solucionouse o problema pero na Enciñeira non,” sinalan desde o BNG.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...