HomesociedadeAs novas probas realizadas entre os contactos da residencia do Incio deixan...

As novas probas realizadas entre os contactos da residencia do Incio deixan dous novos positivos

Na residencia hai 64 casos activos de coronavirus (56 usuarios e 8 traballadores)

Publicado o

- Advertisement -

As probas realizadas aos contactos vinculados co brote da residencia de maiores do Incio deron “só outros dous casos positivos” de COVID, segundo sinalou o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa.

Nunha entrevista na Radio Galega, recollida por Europa Press, Ildefonso de Cámpaa confirmou que este martes está previsto finalizar as probas vinculadas co brote desa residencia, que foi intervida pola Xunta de Galicia e onde, segundo a última actualización de datos, hai 64 casos activos de coronavirus (56 usuarios e 8 traballadores).

Así, tras a realización do test, “só houbo dous positivos entre os contactos”, sinalou o director xeral, quen lembrou que, tras a intervención da administración autonómica, Sanidade enviou un “equipo COVID”, reforzouse o control médico, supervisáronse os circuítos e zonas de illamento (onde os usuarios afectados seguen “asintomáticos”), e avaliouse a posible derivación de usuarios a centros hospitalarios.

Ademais, confirmou que, tras a realización de case 300 probas a persoas vinculadas coa residencia Volta do Castro de Santiago, mantense o único positivo dunha traballadora “polo momento”.

ÚLTIMAS

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...

O alumnado de Bóveda transfórmase en axentes ambientais na Semana do Medio Ambiente

Como parte da actividade desenvolta este xoves, alumnos e alumnas convertéronse en axentes ambientais...

Homenaxe aos 40 anos de Mans Unidas en San Clodio este 6 de xuño

Desde o concello de Ribas de Sil quere destacarse o traballo destas mulleres que...