IniciosociedadeUn falecido procedente da residencia do Incio eleva a 636 as mortes...

Un falecido procedente da residencia do Incio eleva a 636 as mortes por COVID en Galicia

As fontes sanitarias concretaron que o home presentaba patoloxías previas.

Publicado o

- Advertisement -

Un home de 93 anos diagnosticado con COVID-19 e que permanecía ingresado no Hospital de Monforte faleceu este venres, polo que a cifra total de mortes sitúase en 636 na comunidade.

Fontes dos departamentos de Sanidade e Política Social confirmaron que o home que perdeu a vida procedía da residencia do Incio onde se rexistrou un numeroso brote nos últimos días, que supera o centenar de afectados.

As fontes sanitarias concretaron que o home presentaba patoloxías previas.

Co incremento dos brotes, as mortes ligadas á pandemia regresaron á Comunidade. O dunha muller de 91 anos o pasado 7 de agosto en Ourense foi o primeiro falecemento en Galicia desde o inicio da ‘nova normalidade’. A comunidade encadeara ata ese momento case dous meses –desde o 10 de xuño– sen decesos relacionados coa COVID-19.

Na pasada xornada, produciuse a morte dunha nonaxenaria nunha residencia de maiores no municipio de Culleredo.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...