HomeCulturaO 'Bóveda Slam Poetry' muda de nome e de localización

O ‘Bóveda Slam Poetry’ muda de nome e de localización

A asociación Kulturnavila vén de informar nun comunicado que a actividade do 'Bóveda Slam Poetry' pasará a realizarse en Sarria e o novo nome será 'Ultreia Poetry Slam'.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A entidade cultural Kulturnavila, promotora do “Bóveda Slam Poetry”, comunica un cambio de localidade e de nome ao tempo que fai balance da traxectoria deste evento dende o 2023 e agradece ao Concello de Bóveda e ao público en xeral a boa acollida destes anos.

COMUNICADO COMPLETO

“Bóveda Slam Poetry constituíuse coma sede de Poetry Slam no ano 2023 e, despois de celebrados seis encontros, inscribiuse na asociación Poetry Slam España, que acolle as distintas sedes que compoñen a rede de Poetry Slam do estado. Bóveda Slam Poetry organizou catro tempadas de Poetry Slam, un total de 24 encontros, a primeira delas para poder inscribirse en Poetry Slam España e poder participar nos encontros estatais que se organizan cada ano. Bóveda Slam Poetry participou nos campionatos estatais do 2024, 2025 e 2026, organizados respectivamente en Santander, Lleida e Cartaxena.

Grupo Gran Final 2025-2026 do Bóveda Slam Poetry. Foto: Xosé M. Casar.

A asociación Kulturnavila, organizadora de Bóveda Slam Poetry, tendo en conta que a maioría do público que asistiu aos diferentes encontros veu de fora do municipio, decidiu recolocar a actividade de Poetry Slam en Sarria, vila da que proveu a maior parte do público, así coma moitos dos poetas participantes, polo que precisa, para cumprir coas normas da comunidade de Poetry Slam España, cambiar o nome da actividade. O novo nome, para aludir dalgún xeito á cidade que a partir de agora acollerá o poetry slam, será ULTREIA POETRY SLAM.

Kulturnavila agradece a acollida e o apoio que tivo do Concello de Bóveda para a realización desta actividade cultural, na que o público é un actor indispensable”.

ÚLTIMAS

Ximena Prats e Noa Díaz reciben as medallas do COE ao mérito deportivo

As piragüistas do Club Quixós, Noa Díaz e Ximena Prats, xa teñen nas súas...

Vendaval do 19 ao 22 de novembro en Monforte, A Pobra do Brollón e Ferreira de Pantón

O calendario ábrese cunha proposta especial que vincula a creación audiovisual coa gastronomía, seguida...

Éxito total do ‘Saborea e canta o outono’ cunhas 250 persoas participantes

O evento dinamizador da hostalería do sur de Lugo "Saborea e Canta o Outono"...

Máis de 70 deportistas participaron no Cross Escolar do Circuíto das Lamas en Monforte

Na competición participaron nenos e nenas procedentes dos concellos de Monforte de Lemos, Quiroga,...