HomeDeportesMáis de 200 deportistas no III Ciclocros Concello de Taboada que se...

Máis de 200 deportistas no III Ciclocros Concello de Taboada que se celebra este 25 de outubro

Taboada acollerá este domingo, 25 de outubro, o III Ciclocros Concello de Taboada, competición incluída no campionato Superprestixio Ciclocrós Galicia que reúne ós mellores deportistas galegos da modalidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A proba, organizada polo CC Chantadino coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, levará o espectáculo deportivo ao centro da vila, nun circuíto instalado na contorna do pavillón e do campo da feira. A cita dará comezo ás 10:00h

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro, o tenente alcalde de Taboada José Portela, o concelleiro de Deportes Manuel Diéguez e representantes do CC Chantadino presentaron a proba, na que se agarda a participación de máis de 200 deportistas das categorías infantil, cadete, junior, master, sub 23 e elite, masculinas e femininas.

Efrén Castro encadrou o apoio á organización da proba na colaboración que mantén a institución provincial co tecido deportivo lucense, “enfocada en soster a súa actividade competitiva pero tamén en reforzar a súa proxección social coa organización de eventos coma este” e lembrou que “os clubs da provincia están gañando protagonismo dentro do ciclismo galego, acollendo un importante número de probas de ámbito galego, en distintas modalidades”.

Manuel Diéguez reafirmou a aposta do goberno municipal de Taboada polo deporte, “facilitando a súa práctica con investimentos e melloras nos espazos deportivos municipais e tamén apoiando a organización de eventos que contribúan a dinamizar e dar a coñecer o concello no resto do país”.

III Ciclocros Concello de Taboada, presentación / Vicepresidencia Deputación Provincial

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...