HomesociedadeAmarelo para a Torre da Homenaxe no Día da Endometriose

Amarelo para a Torre da Homenaxe no Día da Endometriose

A endometriose é unha das doenzas máis enigmáticas e controvertidas da xinecoloxía, por iso, non existe un tratamento idóneo para a mesma. As lesións que produce a endometriose teñen un pronóstico incerto, xa que poden permanecer estables, progresar, e incluso retroceder.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte súmase este luns, día 14 de marzo, ós actos conmemorativos do Día da Endometriose, unha enfermidade silenciada pero que afecta a moitas mulleres no mundo. Como xesto simbólico e en sinal de apoio ás mulleres afectadas por esta enfermidade, na noite do luns 14 ó martes 15 de marzo, o Concello procederá á iluminación da Torre da Homenaxe de San Vicente de cor amarelo.

A endometriose é unha enfermidade xinecolóxica crónica que afecta ás mulleres, na que se produce unha situación anómala: a implantación e o crecemento benigno de tecido do endometrio fora do útero, dando lugar a unha reacción inflamatoria. As zonas que poden verse afectadas por esta patoloxía con máis frecuencia son estruturas reprodutivas, xeralmente os ovarios, pero tamén pode atoparse nas trompas de Falopio, na vaxina e ata no peritoneo ou o tracto gastrointestinal e urinario.

A pesar de que socialmente a endometriose continúa sendo unha gran descoñecida, estímase que afecta a ó redor do 10% das mulleres en idade fértil en Galicia -unhas 60.000, das cales 9.000 atópanse nun estadío severo desta doenza-,  1,5 millóns de mulleres en España e ó redor de 176 millóns en todo o mundo. Os expertos sinalan que é fundamental concienciar a mulleres e a sanitarios para estar atentos a calquera síntoma anómalo e así evitar que se atrase o diagnóstico, atraso que pode levar a un empeoramento da saúde e de vida da paciente.

Por esta razón, “dende o Concello de Monforte, sumámonos a esta iniciativa, respondendo ó chamamento da Asociación querENDO-Mulleres con endometriose, e queremos facela extensiva a toda a cidadanía iluminando de amarelo a Torre da Homenaxe, para facer visible esta doenza que afecta ó 10% das mulleres en idade fértil en Galicia”.

ÚLTIMAS

Comeza o pase de primavera do ‘Vendaval’, mostra de cinema portugués na Ribeira Sacra

O Vendaval desta edición de primavera 2026, estenderá o seu programa dende o 23 ao...

Castro Caldelas acolle a VIII Spain Backyard Ultra

Esta fin de semana, o tempo deterase en Castro de Caldelas para enxalzar o...

Graduación do alumnado de 2º de BAC do IES A Pinguela

A exalumna de Humanidades Sandra Piñeiro Pedreira, premio extraordinario de Licenciatura en Historia e...

Este 22 de maio preséntase na casa da cultura de Quiroga o libro “A aira dos ventos”

“A Aira dos Ventos” vén sendo unha peza teatral de 70 pp. Editada por...