HomesociedadeProhibida a circulación de vehículos pesados na Ponte de Piñeira e contrátase...

Prohibida a circulación de vehículos pesados na Ponte de Piñeira e contrátase por urxencia a reparación

O concello de Monforte ordena, de forma inmediata, a contratación por emerxencia da reparación do piar e da revisión da ponte sobre o Cabe en Piñeira”. Esta decisión foi adoptada, vistos os informes emitidos polo inspector xefe da Policía Local e pola Arquitecta municipal. O BNG tamén vén de comunicar ao concello esta situación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nestes informes dos que dispón o concello de Monforte indícase que tal deficiencia afecta a “unha das pilas da ponte, que se afundiu polo lado norte, perdendo o contacto coa plataforma da ponte nos puntos en que apoiaba, dando lugar a que a luz do vano onde se situaba dita pila se duplicouse, polo que se prexudica considerablemente a súa resistencia”.

“Detectada a deficiencia, e acordo co establecido no artigo 120 da Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público”, sinala o Alcalde, ”dende o Concello procedemos de forma inmediata á tramitación de emerxencia das obras de aseguramento desta ponte e proceder á contratación das obras de reparación desta deficiencia á empresa Extraco, S.A.”

“Do mesmo xeito, tamén lle indicamos á empresa Extraco que leve a cabo unha revisión do estado xeral desta ponte sobre o río Cabe na parroquia de Piñeira co obxecto de determinar a necesidade de outras reparacións co obxecto de garantir a súa seguridade”.

A ponte sobre o Río Cabe ao seu paso polo Parroquia de Piñeira está formada por unha plataforma apoiada sobre varias pilas, con dous puntos de apoio en cada pila, todo elo con estrutura de formigón armado. O Alcalde decretou por seguridade, “a prohibición da circulación de vehículos pesados pola ponte sobre o río Cabe na parroquia de Piñeira, debido á perda de verticalidade dun dos seus piares, por atoparse parcialmente desconectado do taboleiro de dita ponte”.

O Alcalde recordou que “xa no ano 2001 os veciños da parroquia manifestaron as súas queixas en relación co estado desta ponte, algo que foi recollido polos medios de comunicación. Os medios reflexaron as queixas trasladadas pola Asociación de Veciños de Piñeira ó Concello, no mes de xuño de 2001, instando a revisar esta ponte, pois sospeitaban que o proxecto de ampliación podía ter pasado por alto que unha das zapatas da construción quedara sen reforzar nunha reforma precendente.”

ÚLTIMAS

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...