HomeSucesosAparatoso incendio nun edificio de catro plantas en Monforte obriga a desaloxar...

Aparatoso incendio nun edificio de catro plantas en Monforte obriga a desaloxar aos veciños

Publicado o

- Advertisement -

Un incendio nunha das vivendas dun edificio de catro plantas na localidade lucense de Monforte de Lemos obrigou a desaloxar aos inquilinos do inmoble, aínda que segundo informou o Centro Integrado de Atención a Emerxencias de Galicia (CIAE), o lume non provocou danos persoais.

O 112 foi alertado do incendio a última hora da tarde de onte, despois das 19:00 horas, cando un particular chamou para avisar de que había lume nun edificio de catro pisos situado na Rúa A Coruña, no centro urbano de Monforte de Lemos.

A persoa que deu aviso do incendio informou ao 112 de que estaba a arder a caldeira de gasóleo dun piso, ademais de precisar que non había persoas afectadas o incendio.Para  sufocar o lume foron avisados os Bombeiros de Monforte, a Policía Local e efectivos da agrupación de voluntarios de Protección Civil.

Unha das vivendas do inmoble, habitada por un matrimonio e os seus dous fillos foi desaloxada por precaución. Finalmente, unha vez extinguido o lume, os Bombeiros confirmaron que o que se queimou era un quentador de butano e todo o mobiliario que había ao seu ao redor, posiblemente por unha fuga de gas.

Técnicos da empresa subministradora encargáronse despois de reparar a avaría e a familia desaloxada puido volver á súa casa.

ÚLTIMAS

En Pantón xúntanse os homes este 3 de febreiro e o 5 Teatro Interxeracional

O Concello de Pantón desenvolve un Obradoiro de Teatro Interxeracional dentro das actividades do...

Este 3 de febreiro abre o prazo para solicitar a participación na XXII Feira Medieval de Monforte

As bases aprobadas este luns na Xunta de Goberno Local recollen o procedemento de...

O Porco Celta reivindícase en Sarria como motor económico do rural

A subdelegada participou na celebración da XVIII Festa do Cocido do Porco Celta, unha...

Por Chantada propón un plan para incentivar o alugueiro e garantir o acceso á vivenda

Desde o grupo lembran que o dereito a unha vivenda digna e axeitada está...