HomesociedadeMonforte no programa Viogen para loitar contra a violencia de xénero

Monforte no programa Viogen para loitar contra a violencia de xénero

A Xunta Local de Seguridade aproba a incorporación de Monforte ao Protocolo de colaboración das Forzas de Seguridade coas Policías Locais na loita contra a violencia de xénero. Mentres o Concello segue traballando no traslado da Comisaría da Policía Nacional ao edificio de drogodependencias.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Monforte intégrase no Programa Viogen e a Policía Local vai colaborar coa Policía Nacional na xestión deste problema. No sistema de Seguemento Integral (VIOGEN), a Policía Nacional realiza seguemento de 30 casos activos de mulleres con domicilio en Monforte de Lemos, 4 deles están considerados de risco medio, 13 de risco baixo e  13 de risco non apreciado. O número de denuncias por malos tratos presentadas en Monforte no primeiro trimestre deste ano é de 6 e no mes de abril rexistráronse  2. No 2018 foran 38 denuncias.

Na reunión da Xunta Local de Seguridade tamén se deu conta dos trámites do Concello para trasladar o servizo de drogodependencias do edificio de sanidade. O obxectivo é aprobar en pleno a cesión ao Ministerio do Interior de dito edificio con destino a albergar a nova comisaría.

O alcalde tamén solicitou á Subdelegada e ao Comisario Provincial que se traten de cubrir as vacantes que existen na Comisaría Nacional de Policía. Mentres o Concello ten en período de formación a 3 novos axentes da Policía Local na Academia Galega de Seguridade Pública de A Estrada e iniciouse o expediente para o concurso de traslado das novas vacantes. En poucos meses serán 5 os novos policías locais que se incorporen á Policía Local de Monforte. O Concello tamén contratará 6 policías auxiliares durante 6 meses, que prestarán o seu servizo entre maio e decembro.

ÚLTIMAS

Monforte destina 47.500€ para unha nova pista polideportiva no barrio das Cruces

A nova pista terá unhas dimensións de 30 metros de lonxitude por 18 metros...

Chantada amplía a superficie do Punto Limpo

A Xunta e o Concello de Chantada colaboran para levar a cabo as obras...

O ensino centra as demandas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Monforte de Lemos é a cabeceira dunha comarca cunha rede educativa ampla, que abrangue...

“Cando a propia persoa ou grupo afrontan con éxito a dificultade da súa problemática”, unha das satisfaccións dos Servizos Sociais de Pantón

Para comezar, como defenderiades o rol da educación social dentro do Concello de Pantón....