HomeCulturaMonforte acollerá unha nova edición do Artelemos

Monforte acollerá unha nova edición do Artelemos

A mostra, que se celebrará en agosto, contará con máis de 24 postos de artesanía.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Monforte de Lemos vén de anunciar a 21ª edición de Artelemos, que terá lugar entre os días 3 e 7 de agosto. Esta mostra de artesanía contará 24 postos nos que mercar produtos de coiro, lá, cerámica, orfebrería, cestería e olería de Gundivós, entre outros.

Os visitantes que se acheguen ata este evento poderán, ademais, ver en vivo a elaboración das pezas dos artesáns, xa que haberá exhibicións do labor que estes fan. Tamén os máis cativos poderán desfrutar de Artelemos, dado que se organizarán diversos obradoiros dirixidos a rapaces.

Os postos abrirán pola mañá de 11:00 a 14:00 horas e en hoario de tarde de 18:00 a 22:00 horas. Aqueles artesáns que estean interesados en participar poderán cursar as súas solicitudes a través da web do Concello ata o vindeiro día 25 de xuño. Cada un deles contará co seu propio stand, dotado de tarima, iluminación e rotulación promocional propia.

ÚLTIMAS

Caurel Vivo volve a propoñer destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Caurel Vivo asegura que o concello se enfronta a importantes retos demográficos, sociais e...

O PP de Monforte prepárase para “lograr un cambio de Goberno” nas elección xerais

Os afiliados do PP de Monforte de Lemos mantiveron esta semana unha reunión de...

Patricia Varela Fernández, nova responsable local do BNG do Saviñao

A nova voceira nacionalista é veciña de Vilaesteva e profesora de Lingua Galega de...

Monforte convoca axudas para deportistas invidivuais federados

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou este pasado martes, 20 de outubro,...