HomePolíticaRoberto Castro tamén optará a ser deputado provincial

Roberto Castro tamén optará a ser deputado provincial

Castro tomou a decisión tras a reunión que tiveron os concelleiros do Psoe da comarca o pasado xoves. Nunha nota de prensa aos medios dá conta da decisión, dos seus méritos e do apoio á reelección de Darío Campos como Presidente da Deputación.

Publicado o

- Advertisement -

O socialista Roberto Castro, concelleiro reelixido do Concello de Ribas de Sil, tomou a decisión de postularse como deputado provincial polo partido xudicial de Lemos na reunión que mantiveron o xoves os concelleiros electos da zona. Nesa xuntanza falouse da designación do deputado provincial que lles corresponde tras os resultados acadados nas eleccións locais.

Foi nese momento cando deu o paso para presentar diante dos compañeiros de partido a candidatura para ser deputado provincial concorrendo, como xa se sabe, con José Tomé Roca, alcalde reelixido de Monforte de Lemos.

Ademais de ofrecer claramente a súa lealdade á decisión da Executiva Provincial de nomear a Darío Campos como Presidente da Deputación de Lugo, expuxo tamén os seus méritos para optar ao posto de deputado. Defendeu a súa experiencia de máis de vinte anos como tenente alcalde do Concello de Ribas de Sil, coñecer o funcionamento da administración local e dos concellos pequenos que conforman o sur de Lugo, así como tamén contar co apoio de moitos cargos electos da comarca.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...